Mes fantômes arméniens (en ) é un filme documental franco-armenio de 2025 coescrito, coproducido e dirixido por Tamara Stepanyan. Segue a vida de Stepanyan, relatando a súa vida nunha familia armenia artística e como foi ver o seu pai, Vigen Stepanyan, no cinema armenio soviético.
Foi escollido para a sección especial do Forum na 75ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde tivo a súa estrea mundial o 16 de febreiro de 2025. Foi escollido como candidato de Armenia para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Unha viaxe nostálxica dunha cineasta polo cinema armenio, reflexionando sobre a carreira de actor do seu falecido pai e a súa propia traxectoria artística, mesturando lembranzas persoais cunha celebración da herdanza cinematográfica do país.
Elenco Vigen Stepanyan
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Armenia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua armenia Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes de Armenia Categoría:Filmes de Francia