Verónica Codesal, nada en Uccle (Bélxica) o 16 de setembro de 1977 é unha cantante galega-belga, membro dos grupos Urban Trad e Ialma.

Traxectoria Filla de emigrantes de Guitiriz en Bélxica e ela mesma nada e criada aló, Verónica Codesal é profesora do grupo de danza tradicional de Bruxelas Foliada, e vocalista, pandeireteira e gaiteira dos grupos Ialma, Camaxe e Urban Trad. Ten participado nas actividades de Muziekpublique, un organismo que ten por obxectivo promover as músicas do mundo en Bélxica.

Eurovisión Con este conxunto participou no Festival de Eurovisión, na súa edición de 2003, co que se converteu na primeira galega en facelo. Urban Trad, que representou a televisión belga coa canción "Sanomi", composta nun idioma inventado polo grupo, conseguiu 165 puntos, e quedou na segunda praza por detrás de Turquía.

Foi membro activo da Plataforma Nunca Máis en Bruxelas.

En 2023 presentou o seu novo proxecto 100 voltas xunto a Didier Laloy e Damien Chierici, un conxunto de temas con influencias de diversos xéneros e procedencias musicais, e con letras de Rosalía Fernández Rial, Lucía Aldao, Yolanda Castaño, Brais Fernandes etc.

Véxase tamén

Ialma Urban Trad

Ligazóns externas

Vídeo de 100 VOLTAS - Cachondemia - YouTube

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Vocalistas Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados na rexión de Bruxelas-Capital