miniatura|Pulseira italiana con camafeos que representan os días da semana en correspondencia cos planetas como deuses olímpicos: Diana (Lúa) para o luns, Marte para o martes, Mercurio para o mércores, Xúpiter para o xoves, Venus para o venres, Saturno para o sábado e Apolo (Sol) para o domingo; Walters Art Museum.|500x500px Os días da semana son as sete divisións temporais que compoñen a semana. Na tradición europea, os nomes proceden da asociación cos sete astros visibles da astronomía antiga do sistema grecorromano.

Ademais, en moitas linguas, incluído o galego, convive un sistema numérico que denomina os días como segunda feira, terza feira, etc.

En galego actual é máis frecuente o sistema clásico (luns, martes…), mais o sistema de feiras está documentado historicamente e hoxe úsase en certos rexistros e ámbitos culturais, en paralelo ao portugués.

Nomes dos días segundo os planetas A asociación dos sete días cos corpos celestes (o sol, a lúa e cinco planetas visíbeis) está documentada desde a Antigüidade clásica. Entre os séculos I e III o Imperio romano consolidou a semana de 7 días e espallou os seus nomes polas linguas romances. O ordenamento responde á tradición astrolóxica helenística e ao esquema das esferas planetarias descrito na Antigüidade.miniatura| Jupiter e Tetis, por Ingres, 1811 Nomes en galego

Sistema clásico de orixe latina (dos deuses/astros)

luns día da Lúa (Lunae) martes día de Marte (Martis) mércores día de Mercurio (Mercŭri) xoves día de Xúpiter (Iovis) venres día de Venus (Veneris) sábado do hebreo sabbath domingo do latín cristián dies Dominicus / domĭnĭcusdies miniatura|300px|Primeiro día da semana. En alaranxado o luns; en azul o domingo; en verde o sábado; en rosado o venres.

Sistema numérico de feiras (tradición galego-portuguesa)

segunda feira (tamén só "segunda") terza feira (terza/terça) cuarta feira (corta/ quarta) quinta feira (quinta) sexta feira (sexta) sábado e domingo mantéñense iguais.

LinguaDía 1 No sistema numérico de feiras, a semana comeza no domingo, por iso o luns é a segunda feira e non a primeira.Día 2Día 3Día 4Día 5Día 6Día 7Galego (clásico)lunsmartesmércoresxovesvenressábadodomingoGalego (numérico de feiras)segunda feiraterza feiracuarta feira / corta feiraquinta feirasexta feirasábadodomingoGalego-portugués medieval lues/ lũens/ lũus martesmércores / mércolesjoves / youes / jouesvernessabadodomingoPortuguéssegunda-feiraterça-feiraquarta-feiraquinta-feirasexta-feirasábadodomingoCastelánlunesmartesmiércolesjuevesviernessábadodomingoInglésMondayTuesdayWednesdayThursdayFridaySaturdaySundayLatínLunaeMartisMercuriiIovisVenerisSabbatumDominica

Outras tradicións Nas linguas xermánicas adaptouse o modelo romano substituíndo as divindades clásicas por deuses propios (p. ex., Týr, Odín/Woden, Thor, Frigg), agás o sábado en inglés (Saturday) que conserva Saturno. Noutros grupos lingüísticos existen tamén denominacións numéricas ou relixiosas (p. ex., “día do Señor” para o domingo -dominicus- nalgunhas linguas romances).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

A semana na cultura popular galega

Calendario Deidade Deidades primordiais da mitoloxía grega Mitoloxía romana Planeta Semana

Ligazóns externas «Os nomes dos días da semana» no Portal das Palabras «Days of the Week in Chinese, Japanese and Vietnamese (with Western history)». (en inglés) «Planetary Linguistics and the Days of the Week». (en inglés)

Categoría:Etimoloxía Categoría:Etimoloxía