Batman Azteca: Choque de imperios (en ) é un filme mexicano-estadounidense de 2025. É un filme histórico e de animación baseado no personaxe de DC Comics Batman. É unha colaboración entre as compañías Ánima, Chatrone e Warner Bros. Animation, con Juan Meza-León como director e guionista. Estreouse nos cinemas de México a través de Cinépolis Distribución o 18 de setembro de 2025 e nos de América do Norte a través de Warner Bros. Home Entertainment o 19 de setembro de 2025.
Sinopse O pai de Yohualli Coatl, un rapaz azteca, é asasinado polos conquistadores españois. De adulto, Coatl é sacerdote na corte do rei Moctezuma II e traballa cos seus compañeiros clérigos no templo de Tzinacan para desafiar os invasores españois e protexer o seu pobo usando a personalidade enmascarada de "Batman".
Personaxes Horacio García Rojas como Yohualli Coatl/Batman, un rapaz privilexiado nacido na nobreza dos aztecas e cuxa vida se desmorona cando o conquistador español Hernán Cortés asasina o seu pai. Como home, asume a personaxe de "Batman", un guerreiro enmascarado que loita pola xustiza e para vingarse de Cortés, mentres oculta a súa verdadeira natureza tras a fachada dun simple sacerdote. Jay Hernandez pon a voz ao papel na dobraxe en inglés. Omar Chaparro como Yoka/Joker, anteriormente un respectado sacerdote ata que escoita a voz de Huitzilopochtli dicíndolle que participe en sacrificios humanos, o que o fai perder a cordura e desfigurarse. Raymond Cruz pon a voz para o papel na dobraxe en inglés. Álvaro Morte como Hernán Cortés/Two-Face, o conquistador que pretende facerse con Tenochtitlán polo ouro. Arrogante e avaricioso, sobrevive a un atentado contra a súa vida que lle deixa un lado da cara cicatrizado e lanza compulsivamente un doblón de ouro raiado para decidir o destino das súas vítimas. Jorge R. Gutiérrezhttps://m.imdb.com/title/tt21110654/?ref_=nm_flmg_job_3_unrel_cdt_csp_t como Toltecatzin, un líder da aldea e pai de Yohualli Coatl, que foi asasinado por Cortés. José Carlos Illaneshttps://m.imdb.com/title/tt21110654/?ref_=nm_flmg_job_3_unrel_cdt_csp_t como Pedro de Alvarado, unha variante de Azrael (DC Comics); a man dereita de Cortez Teresa Ruiz como Muller Xaguar, unha variante de Catwoman; unha ladroa improbable que axuda a "Batman" en nome do seu pobo.
Notas
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados no Imperio Azteca Categoría:Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América