Buteo jamaicensis é unha ave de presa e un dos buxatos máis comúns en América do Norte. Vive na maior parte de América do Norte, desde o oeste de Alasca e norte de Canadá e polo sur chega en América Central ata Panamá e as Antillas Menores. Ocupa unha gran diversidade de hábitats e altitudes incluíndo desertos, pradeiras, bosques de coníferas e de caducifolias, campos agrícolas e áreas urbanas. Está ausente en áreas de bosque continuo e no alto Ártico. Goza de protección legal no Canadá, México e os Estados Unidos baixo a Lei do Tratado de Aves Migratorias.

É un dos membros máis grandes do xénero Buteo en América, cun peso duns 690 a 1600 g e de 45-65 cm de lonxitude, cunha envergadura de 110-145 cm. As femias son un 25 % máis pesadas que os machos. Ten un corpo robusto con ás anchas, e pode distinguirse doutros buxatos de América do Norte pola cola vermella ladrillo uniforme por arriba e cor laranxa-beixe clara por debaixo. Aliméntase dunha gran variedade de pequenos animais, como roedores, aves e réptiles. As parellas permanecen xuntas toda a vida, e só crean unha nova parella se morre o compañeiro orixinal. A parella constrúe o niño con paus nunha árbore alta, no cal fan unha posta dun a tres ovos.

As 14 especies recoñecidas varías en aspecto e distribución. A subespecie B. j. harlani ás veces considérase unha especie separada (B. harlani). Como son tan comúns e fáciles de adestrar como aves cazadoras de falcoaría, a maioría dos que se capturan nos Estados Unidos dedícanse a esa actividade cinexética. Moitos pobos indíxenas americanos consideran sagradas as súas plumas e outras partes.

Taxonomía A especie foi descrita cientificamente en 1788 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin co nome Falco jamaicensis. Gmelin baseou a súa descrición na especie descrita en 1781 por John Latham que este chamou "cream-coloured buzzard" na súa obra A General Synopsis of Birds, baseándose nun espécime de Xamaica que lle enviou un amigo. É unha das 28 especies do xénero Buteo, nomeado polo naturalista francés Bernard Germain de Lacépède en 1799. A numeración das páxinas comeza polo 1 en cada unha das tres seccións. Os membros do xénero Buteo son aves rapaces de medio tamaño con corpos robustos e ás anchas, xeralmente chamados buxatos.

O nome do xénero Buteo deriva do latín būteō, que significa 'buxato'. O termo específico jamaicensis refírese á illa de Xamaica, de onde procedía o exemplar a partir do que se describiu a especie.Preston, C. R.; Beane, R. D. (2024). Poole, A. F.; Smith, M. G. (eds.). "Red-tailed Hawk (Buteo jamaicensis), version 1.1". Birds of the World Online. Cornell Lab of Ornithology, Ithaca, NY.

Existen polo menos 14 subespecies recoñecidas de Buteo jamaicensis, que varían en distribución e coloración: A subespecie B. j. harlani é ás veces considerada especie separada (B. harlani). B. j. jamaicensis, a subespecie nomeada, vive nas Antillas Menores.Guaraguao Colirrojo en AvesPR.orgGuaraguao colirrojo on EdicionesDigitales B. j. alascensis reprodúcese (e probablemente é residente) da costa do sueste de Alasca ata as illas da Raíña Charlotte e a illa de Vancouver na Columbia Británica. B. j. borealis (grupo) Sitio web baseado en/libro suplementario reprodúcese do sueste do Canadá e Maine e polo sur esténdese ata o leste de Texas e norte da Florida. Pasa o inverno desde o sur de Ontario e polo leste ata o sur de Maine e polo sur ata a costa do Golfo de México e a Florida. B. j. calurus reprodúcese desde a parte central do interior de Alasca, e polo oeste do Canadá e polo sur ata Baixa California. Inverna desde o suroeste da Columbia Británica ata Guatemala e norte de Nicaragua. Os individuos de cor máis clara do norte de México poden carecer das marcas alares escuras. B. j. costaricensis é residente desde Nicaragua a Panamá. Esta subespecie é marrón escura por riba e canela polos flancos, cuberta e lados das ás, e algunhas aves teñen as partes inferiores avermelladas. O peito é moito menos manchado que nos migrantes do norte (B. j. calurus) que veñen a América Central. B. j. fuertesi reprodúcese do norte de Chihuahua ao sur de Texas. Inverna en Arizona, Novo México e sur de Luisiana. O ventre non ten manchas ou só unhas poucas, e a cola é clara. B. j. fumosus, das Ilas Marías, México. B. j. hadropus, das terras altas mexicanas. B. j. harlani, é claramente diferente de todas as outras subespecies. En ambos os morfos de cor, a plumaxe é anegrada e branca, sen tons cálidos (agás na cola). A cola pode ser avermellada, escura, abrancazada ou gris e pode ter manchas de disposición lonxitudinal, xaspeadas ou barradas. As plumas primarias máis curtas da lugar a puntas das ás que non chegan á cola en aves pousadas. Reprodúcese en Alasca e noroeste do Canadá e inverna en Nebraska e Kansas ata Texas e o norte de Luisiana. Esta pobaoción podería perfectamente ser unha especie separada. B. j. kemsiesi é unha subespecie escura residente de Chiapas a Nicaragua. As marcas escuras das ás poden non estar en exemplares máis claros. B. j. kriderii é máis claro que outras subespecies, especialmente na cabeza; a cola pode ser rosada ou branca. Na estación reprodutora, vive desde o sur de Alberta, sur de Saskatchewan, sur de Manitoba e extremo oeste de Ontario e polo sur ata o centro sur de Montana, Wyoming, oeste de Nebraska e oeste de Minnesota. En inverno, vive desde Dacota do Sur e sur de Minnesota e polo sur ata Arizona, Novo México, Texas e Louisiana. B. j. socorroensis, da illa Socorro, México. B. j. solitudinus, das Bahamas e Cuba. B. j. umbrinus vive todo o ano na Florida peninsular ao norte da baía de Tampa e a pradeira Kissimmee. Ten aparencia similar a calurus.

Descrición miniatura|upright|En voo mostrando a cola vermella. miniatura|Pairando no vento. É unha especie con dimorfismo sexual no tamaño, xa que as femias son ata un 25 % maiores que os machos. Como é característico das aves rapaces grandes, frecuentemente infórmase dunha masa corporal de B. jamaicensis algo maior que o que revelan as investigacións amplas. Parte deste peso é moi variable estacionalmente e debido a variacións clinais, os machos poden pesar desde 690 a 1300 g e as femias entre 900 e 2000 g. Porén, as investigacións de nove estudos ocorren en sitios de migración nos Estados Unidos e dous estudos da reprodución, un da raza máis pequena de Porto Rico, outro das razas máis grandes de Wisconsin, mostran que os machos pesan unha media de 837 g e as femias pesan unha media de 1040,7 g, aproximadamente un 15 % máis lixeiras que os pesos anteriormente publicados para toda a especie. Os pesos máis altos rexistrados eran de migrantes en Cape May, Nova Jersey, onde as femias pesaban unha media de 1278 g, os machos unha media de 990,8 g. Os menos pesados eran da poboación reprodutora de bosques abertos de Porto Rico, onde as femias e machos pesaban como media 1023 g e 795 g, respectivamente, que tamén é o dimorfismo sexual en tamaño maior da especie. A variación en tamaño en masa corporal revela que B. jamaicensis tipicamente varía só nunha pequena cantidade; como comparación, a variación racial en peso medio do bufo americano mostra que en masa corporal media é de case o dobre (a raza máis pesada é un 36 % máis pesada que a raza coñecida menos pesada como media), tan variable coma a do falcón (no cal a raza mais pesada é só un 18 % máis pesada como media que a máis lixeira). O machos poden medir de 45 a 60 cm de lonxitude total, as femias miden de 48 a 65 cm de longo. A envergadura varía de 105 a 141 cm e, no método científico estándar para medir a envergadura, a corda alar é de 325,1-444,5 mm de longo. A lonxitude da cola mide é de 188 a 258,7 mm.|ARKive- Red-tailed Hawk videos, photos and facts . Arkive.org. Consultado o 22 de agosto de 2012. A deda media (excluíndo a garra) pode variar de 38,3 a 53,8 mm de longo, e a garra da deda posterior (que evolucionou ata ser a máis longa nos accipítridos) mide de 24,1 a 33,6 mm.

A plumaxe pode ser variable, dependendo da subespecie e da rexión. Estas variacións de cor son morfos e non están relacionados coa muda. A poboación de América do Norte, B. j. calurus, é a subespecie máis variable e ten tres morfos de cor: claro, escuro e intermedio ou avermellado. Os morfos escuro e intermedio constitúen o 10–20 % da poboación.

Aínda que as marcas e os tons varían nas subespecies, a aparencia básica da especie é consistente. En conxunto, a forma desta especie é máis ben rectangular e ancha e a miúdo máis pesada que outros Buteo de lonxitude similar. Na maioría das variacións de cor obsérvase un ventre abrancazado cunha banda marrón escura a través do ventre, formando manchas horizontais no debuxo das plumas. Especialmente nas aves novas, o ventre pode estar cuberto con manchas marróns escuras. A cola vermella característica desta especie, é dunha cor uniforme vermella ladrillo pola parte superior e laranxa beixe por debaixo. O bico é curto e escuro, co gancho característico das aves de presa, e a cabeza pode ás veces parecer de pequeno tamaño comparada coa grosa estrutura do corpo. Teñen unha cola ancha e relativamente curta e ás grosas e robustas. A cera do bico, as patas e os pés son completamente amarelos.

Os adultos adoitan ser fáciles de identificar pola súa cola vermella que remata nunha soa banda negra. Os inmaturos son máis difíciles de identificar e as súas colas teñen un debuxo cunhas seis barras máis escuras. A silueta en voo é unha boa pista para identificalo, e a curta distancia, os seus iris amarelentos dos ollos son característicos. A medida que esta ave completa a súa madureza en 3 ou 4 anos, o iris escurécese lentamente a un ton marrón avermellado.

Distribución e ecoloxía miniatura|Inmaturo en California. miniatura|Individuo xove.

É un dos buxatos máis comúns e máis amplamente distribuídos en América. Reprodúcese desde o centro de Alasca, o Yukón e os Territorios do Noroeste e polo leste ata o sur de Quebec e as Provincias Marítimas do Canadá, e polo sur ata a Florida, as Antillas Menores e América Central. A súa distribución en inverno abrangue desde o sur do Canadá cara ao sur polo resto do seu territorio de reprodución

Os seus hábitats preferidos son os bosques mixtos e os campos, con altos cantís ou árbores que poden utilizarse como sitios para pousarse. Ocupa unha gran variedade de hábitats e altitudes, como desertos, pradeiras, rexións costeiras, montañas, ladeiras, bosques de coníferas e de caducifolias, selvas tropicais, campos agrícolas e áreas urbanas. Só o supera o falcón peregrino no uso de hábitats diversos en América do Norte. Vive por case toda América do Norte, agás en áreas de bosque continuo ou no alto Ártico.