Steve Ivy, nado o 12 de novembro de 1949,Smith, P. (2012). é un numismático e comerciante de moedas estadounidense, cofundador da compañía de poxas Heritage Auctions, a de maior volume de vendas dos Estados Unidos en 2024.

Traxectoria Ivy comezou a dedicarse ao comercio numismático por correo e a pequena escala en 1964, aos seus 14 anos. Só uns anos máis tarde constituíu a súa primeira sociedade."Steve Ivy". Heritage Auctions (HA.com).

En 1967, Ivy abandonou a Universidde de Texas en Austin, na que iniciara os seus estudos, para fundar a compañía de comercio numismático Steve Ivy Rare Coin Co., na cidade de Dallas.Pate, S. (2011). "Rich Heritage". En D Magazine. 19 de outubro. En 1976 fundou a compañía Heritage Auctions na mesma cidade, a partir do seu negocio inicial, máis modesto.Wilonsky, R. (2006). "History for Sale". Dallas Observer. 27 de abril. En 1982 incorporou a James L. Halperin como socio ao 50 %, e ambos pasaron a dirixir conxuntamente Heritage Rare Coins Galleries a partir de 1983.Smith, P. (2012). "Halperin, James L.". En American Numismatic Biographies. Páxina 191. A asociación resultou frutífera, ata o punto de que era a maior empresa de moedas raras do mundo e a maior casa de poxas estadounidense, cunhas vendas superiores a 1.400 millóns de dólares en 2022 e a 1.800 millóns de dólares en 2024."Total sales of Heritage Auctions worldwide from 2017 to 2024". Statista.comSchultz, A. (2022). "Heritage Auctions Achieves $1.45 Billion in Record Year for Collectibles". Barrons.com. 29 de decembro. Heritage Auctions foi a encargada de numerosas poxas realizadas para a American Numismatic Association.

Outras das compañías creadas por Ivy ao longo da súa traxectoria empresarial foron a Ivy Financial Corporation, a Steve Ivy Numismatic Auctions e a World Gold Trading Co.

Á marxe do ámbito numismático, Steve Ivy foi director financeiro de Phoenix House of Texas e membro da xunta directiva de Rosenthal Center, ambas entidades sen ánimo de lucro para o tratamento e a prevención do abuso do alcohol e das drogas. Tamén participou no consello de administración do National Center for Policy Analysis, unha organización dedicada á procura de alternativas privadas á regulación e ao control gobernamentais.

Vida persoal Steve Ivy casou con Linda Hanggi, con quen tivo dous fillos. El e a súa parella foron dous dos superviventes do incendio do MGM Grand Casino, en Las Vegas Strip, Nevada, que tivo lugar en 1980.

Recoñecementos

2001: Premio Robert Friedberg, do Professional Numismatists Guild (PNG). 2012: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."The Clemy Award ". Numismatic Literary Guild (NLGonline.org). 2025: Incluído no Top 10 da listaxe de persoas máis influentes en numismática, pola revista Coin World."Jim Halperin. Top 10". En The Most Influential People in Numismatics. Coin World. 2025. Páxina 12.

Publicacións (1984). What every silver dollar buyer should know (con Wohard, R.). Ivy Press, Dallas. ISBN 978-0933372016

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2012). "Ivy, Steve". En American Numismatic Biographies. Páxina 227.

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Galardoados co premio Robert Friedberg Categoría:Alumnos da Universidade de Texas Categoría:Personalidades sen imaxes