Nordés: revista de poesía y crítica foi unha revista poética bilingüe (galego/castelán) que xorde no ano 1975 da man dos poetas Luz Pozo Garza, Tomás Barros (codirectores) e Isidro Conde Botas como secretario. A súa primeira época durou até 1976.
Historia e características Na segunda etapa (1980-1993), Luz Pozo dirixiu en solitario, desde Vigo, vinte e dous números máis.
A revista, de índole poético, buscaba tamén certa dose de crítica nos seus escritos. Os colaboradores foron moitos, entre os que destacan Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Eduardo Moreiras, Xosé Neira Vilas, Xosefa Goldar, Francisco Fernández del Riego, Xosé María Álvarez Cáccamo e Celso Emilio Ferreiro, ademais dos xa citados creadores.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:1975 en Galicia Categoría:Ediciós do Castro