Charlton Frederick Schwan (coñecido tamén como Fred Schwan), nado en Port Clinton, Ohio, o 14 de xullo de 1947, é un numismático estadounidense.Smith, P. (2012). Schwan é un coleccionista, autor e investigador especializado no papel moeda e nas emisións de moeda militar."Carlton Frederick "Fred" Schwan". Society of Paper Money Collectors (SPMC.org).
Traxectoria
Fred Schwan cursou estudos superiores na Universidade Estatal de Bowling Green, onde en 1974 acadou o seu mestrado en Ciencias.
Tamén serviu no Exército dos Estados Unidos entre 1969 e 1989, e participou na Guerra de Vietnam entre 1971 e 1972.
O motivo do seu recoñecemento internacional é a súa dedicación aos estudos numismáticos, sinaladamente vinculados á notafilia, materia na que está considerado unha autoridade. Foi membro da xunta directiva da International Bank Note Society, na que acadou o cargo de vicepresidente. En 1977 fundou a editora BNR Press, especializada en publicacións sobre papel moeda.
Schwan mantivo columnas e publicou numerosos artigos sobre este tema en revistas como Bank Note Reporter, Bond & Bank Note News, Coin World, Coins, Numismatic News, The Numismatist, IBNS Journal e World Coin News.
Igualmente, foi un asiduo colaborador cos seminarios de verán da American Numismatic Association, na que impartiu 14 seminarios completos a partir de 2002. Ademais, Schwan é membro de Numismatic Literary Guild, da Society of Paper Money Collectors, da International Bank Note Society, de Numismatics International, da Ohio State Numismatic Society, da Central States Numismatic Society, da Michigan State Numismatic Society, da Ration Collectors Society e do Glass City Coin Club."Schwan named 2015 Numismatist of the Year". American Numismatic Association (Money.org).
Vida persoal Charlton Frederick Schwan casou en xuño de 1980 con Judith Ann Smith.
Recoñecementos
1990: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 2005: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."The Clemy Award ". Numismatic Literary Guild (NLGonline.org). 2005: Premio Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association (ANA). 2014: Medalla ao Mérito da ANA."Past ANA Service Awards Recipients". American Numismatic Association (ANA). 2015: Numismático do Ano, da ANA."Schwan named 2015 Numismatist of the Year". American Numismatic Association (Money.org). 2017: Incluído no Salón da Fama da Society of Paper Money Collectors."Hall of Fame". Society of Paper Money Collectors (SPMC.org).
Publicacións Estes son algúns dos traballos monográficos máis salientables de Charlton F. Schwan publicados ao longo da súa traxectoria:"Carlton Fredrick Schwan". Numista.com
(1973). World War I Military Currency (con J. Boling). (1974). World War II Allied Military Currency (con R. Toy). (1978). The Paper Money of the E. A. Wright Bank Note Company. BNR Press. ISBN 9780931960024 (1981). Comprehensive Catalog of Military Payment Certificates [outras edicións en 1987, 1997 e 2002]. BNR Press. ISBN 9780931960611 (1981). Military Payment Certificates. BNR Press. ISBN 9780931960079
(1995). World War II Remembered: History in Your Hands (con J. Boling). ISBN 978-0931960406 (1996). Collecting Paper Money. Alliance Publishers. ISBN 9781887110037 (1996). Collecting Coins. Alliance Publishers. ISBN 9781887110020 (2011). World War II United States Savings Bonds and Stamps (con L. Smulezenski, J. Downey e M. Watson). BNR Press. ISBN 9780931960727
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Smith, P. (2012). "Schwan, (Carlton Frederick If) "Fred"". En American Numismatic Biographies. Páxina 384.
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Ohio Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Bowling Green Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Coleccionistas Categoría:Editores Categoría:Personalidades sen imaxes