A cianita ou distena é un mineral do grupo IX (silicatos) segundo a clasificación de Strunz, cuxo nome deriva do grego kyanos, que significa ‘azul’.Listado de minerais, en inglés É un mineral típico das rochas metamórficas produto do metamorfismo rexional de rochas sedimentarias con alto contido de arxilas. Algunhas das rochas que poden presentar cianita son os gneis e os xistos. Tamén se encontra nalgunhas pegmatitas. A cianita é un nesosilicato membro da familia dos silicatos de aluminio, á que pertencen minerais polimórficos como a andalucita e a sillimanita. Este mineral é moi anisótropo respecto á dureza. Na escala de Mohs, a súa dureza varía moito dependendo da dirección en que se pretenda raiar un cristal deste mineral, sendo 5,5 se a raia se fai paralela a e 7 se se fai paralela a . Esta é unha característica de case todos os minerais que non pertenecen ao sistema cúbico, mais a anisotropía da cianita pode considerarse unha característica identificativa.
Historia Este mineral describírono de forma independente con dous nomes diferentes: Distena, nomeada por René-Just HaüyTraité de minéralogie, Tome III (588 p.) Par René-Just Haüy 1801. do grego di , 'dous' e destenos, 'forza', facendo referencia á diferenza das propiedades eléctricas dependendo da dirección do cristal. Cianita, nomeada por Abraham Gottlob Werner en 1789, do grego kyanos , 'azul'.
Notas para a súa identificación Os cristais de cianita ou distena teñen hábito columnar e xeralmente son alongados e poden ser unha boa pista para chegar a identificar con seguridade este mineral. A súa cor (cando é azul) tamén a define perfectamente. Outra característica é que adoita estar mesturada con minerais polimórficos ou con estaurolita.
Usos da cianita miniatura|Cianita. Cristal bicolor en cuarzo. Serrada de la Fuente (Madrid), España. Lonxitude do cristal 5 cm
Úsase principalmente en produtos refractarios e cerámicos, como a porcelana. Tamén na fabricación de útiles de electricidade. Tamén se utiliza como pedra preciosa. É importante para os coleccionistas de minerais, xa que debido á súa escaseza, é moi cobizada por eles.
Minerales asociados
Normalmente, este mineral está fusionado con outros minerais diferentes polimórficos, así como con outros silicatados. Entre eles están:Galerías de minerais, en inglés
Andalucita, Al2SiO5 Sillimanita, Al2SiO5 Cuarzo, SiO2 Estaurolita, Fe2Al9Si4O22(OH)2 Micas, AB2-3(X, Si)4O10(O,F,OH)2 Granates, A3B2(SiO4)3
Produción mundial + Produción mundial en 2019, en toneladas por ano 1. 190.000 2. 91.300 3. 72.700 4. 40.000
Fonte: USGS.</small>
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Silicatos