Víctor San Miguel Prado, nado na provincia de León o 30 de setembro de 1914 e finado en Gusen o 10 de xaneiro de 1941, foi un refuxiado galego da guerra civil española deportado ós campos de concentración nazis.

Traxectoria Fillo de Melchor San Miguel Yáñez de Arganza e de Asunción Prado López, naceu na provincia de León en 1914. A familia trasladouse á Coruña en 1920 e residiu no número 122 da rúa Fernández Latorre con seus pais e os seus irmáns Amparo e Arturo. Traballou como ferroviario na estación de ferrocarril ó igual que seu pai.

Exiliouse en Francia trala guerra civil española e integrouse na Compañía de traballadores estranxeiros (CTE 29) asignada en Le Barcarès o 28 de abril de 1939 ó 5º corpo do exército francés, correspondéndolle a rexión de Lorena, na zona da liña Maginot. Trala caída de Francia na segunda guerra mundial foi apresado polo exército alemán primeiro no Frontstalag 140, en Belfort (Francia) e logo enviado ó Stalag XI-B, en Fallingbostel (Alemaña). O 27 de xaneiro de 1941 entrou no campo de concentración de Mauthausen, acabando finalmente no campo de concentración de Gusen, onde pereceu o 10 de xaneiro de 1942.

Trala finalización da segunda guerra mundial a familia recibiu unha carta do goberno francés comunicándolle a súa morte en Gusen.

Vida persoal Fillo de Melchor San Miguel Yáñez de Arganza, oriúndo de León e de Asunción Prado López, natural de Sarria, tiña dous irmáns, Amparo e mais Arturo. Residiu no 3º andar do número 122 da rúa Fernández Latorre da Coruña coa súa familia. Estaba solteiro.

Recoñecementos O Concello da Coruña rendeulle unha homenaxe o 3 de abril de 2019 ás vítimas coruñesas do réxime nazi, incluído Víctor San Miguel Prado entre outras vítimas. De igual xeito, nun acto celebrado en febreiro de 2025 o concello colocou ó pé do edificio onde viviu unha Stolperstein na súa memoria.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis