Flavio Ricomero ou Ricomer (en latín: Flavius ​​​​​​Richomeres) finado cara o 393, foi un comandante militar romano (magister militum) da antigüidade tardía.

A súa orixe era de nobre ascendencia franca, e ascendeu no exército romano xunto con outros francos, algúns deles emparentados con el. Estivo activo durante o reinado de Valente (364-378). Loitou, por vez primeira, como comes domesticorum (xefe da garda imperial) baixo o mando do emperador romano de Occidente, Graciano, na Guerra Gótica (376–382). No 383 e do 388 ó 393 serviu como magister militum baixo o mando de Teodosio I tanto no Imperio romano de Oriente como no de Occidente, e no 384 ocupou o consulado.

Ricomero era un "pagán" xermánicoMartindale 1971, p. 766 nun Imperio Romano cada vez máis cristianizado, especialmente baixo Teodosio I, e estivo en contacto con grandes pagáns como Libanio e Quinto Aurelio Símaco. Debido á súa alta posición militar, desempeñou un papel importante no imperio, que se viu sumido en confusións co comezo da migración de pobos e as guerras civís (usurpacións de Magno Máximo e Uxío, que coñecían a Ricomero).

Traxectoria

Familia Ricomero era tío de Arbogasto. Aparentemente, pódese identificar cun individuo chamado Ricimer que estaba casado con Ancila e con quen tivo o rei franco Teodomiro,MacDowall (2018), p. 19 un posible antepasado dos merovinxios segundo evidencias tardías (ca. 660) contidas na Crónica de Fredegario. A existencia de Ricimer, un patricio romano de orixe visigoda activo no século V, levou a algúns autores a suxerir que unha hipotética filla de Ricomer casou co rei visigodo Walia, avó materno de Ricimero.Settipani 1996, p. 32

Carreira militar Ricomero aparece mencionado por primeira vez no ano 377 cando, en Occidente, era comes domesticorum (xefe da garda imperial) baixo o emperador Graciano e foi enviado da Galia á Tracia como comandante dunha forza formada pola garda palatina do emperador. A súa misión era axudar a Frixerido (outro xeneral occidental) e aos xenerais orientais de Valente na guerra en curso contra os tervingos de Fritixerno.Hughs 2013, p. 166Amiano Marcelino 397, p. XXXI.7.4 Tras reunirse con Frixerido, Traxano e Profuturo en Oriente, os xenerais acordaron que Ricomero tomase o mando conxunto de tódalas forzas combinadas.Burns 1994, p. 27Kulikowski 2006, pp. 137–138 Os godos trasladáronse ao norte dos Balcáns e os romanos marcharon tras delesHeather 2005, p. 173Martindale 1971, p. 765. Nun lugar chamado "dos Salgueiros" librouse unha batalla sanguenta, coñecida como a Batalla de Ad Salices, que concluíu con numerosas baixas en ambos os bandos e sen unha vitoria clara por parte de ningún dos bandos.Amiano Marcelino 397, XXXI.7Van Nort 2007, pp. 187-188 No 377, foi destinado, outra vez, á Galia.

No 378, foi enviado de novo a Tracia e reuniuse con Valente preto de Adrianópole. Aló, entregoulle unha carata na que se afiramba que Graciano estaba de camiño con reforzos para loitar contra os godos.Amiano Marcelino 397, p. XXXI.12.4 Nesta ocasión, cando Fritixerno, o xefe godo esixira reféns para garantir a continuación das negociacións, Ricomero ofreceuse voluntario o que, segundo Amiano Marcelino, consideraba bo e digno para un home valente. Porén, antes de que se puidesen intercambiar os reféns, os exércitos comezaron a loitar,MacDowall 2001, p. 73 na denominada batalla de Adrianópole e, na que tanto Ricomero, como os mandos do exército romano, Sebastiano e Víctor conseguiron escapar, mentres que a maior parte do exército romano foi en gran parte destruído e moitos oficiais caeron, incluído Valente.Van Nort 2007, p. 66

Ricomero desapareceu das fontes ata o ano 383, cando é mencionado como magister militum de Oriente. Nese ano, pasou por Antioquía e fixo amizade co sofista Libanio, quen lle dedicou un panexírico. A súa estadía, con todo, foi breve, xa que pronto se dirixiu a Constantinopla, onde pretendía asegurar o seu nomeamento para o consulado ao ano seguinte e convidou a Libanio a facelo. Segundo as Oracións de Temistio, Ricomero esperaba suceder a Saturnino no consulado. No 384, foi nomeado cónsul co prefecto urbano constantinopolitano Clearco, e no 385 enviou un agasallo consular a Símaco.Martindale 1971, pp. 765-766

No 388, Arbogasto, Promoto, Timasio e el mesmo foron enviados por Teodosio I para loitar contra Magno Máximo (reinado entre 383–388) e derrotárono na batalla do Sava. Ese mesmo ano, foi nomeado comes et magister utriusque militiae, comandante de tódolos exércitos do imperio oriental,Watts 2012, p. 68 até a súa morte no 393. Segundo a Epístola 972 de Libanio, estivo en Italia en 390 e recibiu a lei VII.1.13 do 27 de maio de 391, na que é cualificado como "comes et magister utriusque militiae" ao volver a Oriente.

A finais do 389, reuniuse con Símaco en Roma e, segundo a Epístola III.55, recomendáronlle a Flaviano. Por estas mesmas datas, Ricomero parece que lle recomendou o retórico Uxío ao seu sobriño Arbogasto.

Pouco tempo despois, Arbogasto tomou o poder nas partes occidentais do Imperio e, trala morte de Valentiniano II, (392), promoveu a Uxío como emperador, mentres que el mesmo permaneceu como líder e xeneralísimo. No 393, Teodosio I organizou unha campaña contra Arbogasto, e pediulle a Ricomero que liderase a cabalería contra o seu sobriño. No camiño do leste ao oeste, morreu antes de que puidese ter lugar a batalla. Finalmente, Arbogasto perdeu a batalla e suicidouse coa súa propia espada.Zósimo, IV.55.2-3

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Batalla de Adrianópole

Categoría:Cónsules do Imperio romano Categoría:Finados en 393 Categoría:Nados no século IV Categoría:Francos