Saleta é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co castelán e co catalán. A súa orixe é o topónimo francés Salette, diminutivo de Sale, que ten a mesma orixe có galego Sa (ou Saa), o xermánico *sala, de significado dubidoso, quizais ‘casa importante’.
En xaneiro de 2023 existían 154 mulleres en Galicia co nome Saleta, cunha media de idade de 30,9 anos.Saleta na Web do Instituto Galego de Estatística
Saleta noutras linguas Alemán: Salette Catalán: Saleta Castelán: Saleta Francés: Salette Inglés: Salette Italiano: Saletta Portugués: Salete
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe xermánica Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos casteláns Categoría:Nomes femininos cataláns