Ibn Ṭufayl (en ), nado cara a 1105 e finado en 1185, foi un polímata árabe andalusí. Destacou como escritor, filósofo, teólogo islámico, médico, astrónomo e visir. A súa obra máis coñecida é a novela filosófica Hayi ibn Yaqdhan (coñecida no mundo occidental como O filósofo autodidacta), considerada unha das principais obras da literatura árabe producidas en Al-Andalus. Como doutor, foi pioneiro na defensa das diseccións e das autopsias, tal e como se expresa na súa novela.

Traxectoria Ibn Tufayl naceu en Guadix, preto de Granada, e foi discípulo de Ibn Bajjah (en ). A súa familia pertencía a unha tribo árabe, os qays. Traballou como secretario de diversos líderes, entre eles os gobernadores de Ceuta e Tánxer, en 1154. Tamén serviu como secretario do gobernante de Granada e logo como visir e doutor do califa almohade Abu Yaqub Yusuf, a quen lle recomendou a Ibn Rushd como o seu futuro sucesor en 1169.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Astrónomos de Al-Andalus Categoría:Finados en 1185 Categoría:Nados en 1105