Annio de Viterbo (en ), nado o 5 de xaneiro de 1437 e morto 13 de setembro de 1502 ) foi un escolástico, historiador e frade dominico italiano, nado co nome de Giovanni Nanni (ou Nenni) en Viterbo, nos Estados Pontificios.
Hoxe en día considérase un impostor, que falsificou documentación antiga, en particular, a de Beroso.
Obra
Antiquitatum variarum Annio é sobre todo coñecido polos 17 volumes de Antiquitatum variarum, (en galego, Antigüidades variadas) nome abreviado de "Commentaria super opera diversorum auctorum de antiquitatibus loquentium" (en galego, Comentario sobre as obras de diversos autores que falan da antigüidade) tamén coñecido como Antigüidades de Annio, onde cita a varios autores da Antigüidade, como Berossus ou Megástenes, en obras que se pensaba que estaban perdidas, pero que dixo ter atopado en Mantua. Foi moi criticado desde o principio (en Portugal por André de Resende e Gaspar Barreiros), pero influíu en obras en Portugal e Castela durante os séculos seguintes, ata finais do século XVIII. En particular, influíu decisivamente en Florián de Ocampo e Antonio de Nebrija, en Castela; e en Portugal, especialmente en Bernardo de Brito e a súa parte da Monarchia Lusytana. Considérase que o seu descrédito final foi liderado polos argumentos do francés Joseph Justus Scaliger .
A pesar de todo, a súa influencia permitiu reunir referencias dispersas e xuntalas:Parte importante deste labor viña sendo construído por todos cantos recoñecían a credibilidade do xa mencionado Giovanni Anio de Viterbo (Giovanni Nanni) e dos seus Commentaria, polémicos desde o primeiro momento, por depositar sobre o autor a acusación de elaboralos a partir de información de dubidosa autenticidade. Non obstante, o éxito da obra foi enorme, pois facía as delicias de historiadores e xenealoxistas, naturalmente entusiasmados polo filón de autores e textos que se lles ofrecía.
Vida Ingresou na Orde dos Dominicanos moi novo e obtivo o grao de Mestre en Teoloxía no mosteiro de Santa Maria sobre Minerva, en Roma, onde ensinou ata 1466.
Era bastante respectado polo papa Sisto IV e, despois, por Alexandre VI, que o nomeou Mestre do Sacro Palacio en 1499.
Como lingüista, afirmaba ter coñecementos das linguas semíticas e de saber ler etrusco.
Posibelmente a súa maior farsa pseudoarqueolóxica foi cando no outono de 1493 levou a cabo en Viterbo unha escavación amplamente publicitada na que finxiu atopar varias estatuas de mármore falsas de figuras míticas da historia da cidade que previamente colocara no lugar.
Notas
Categoría:Dominicanos de Italia Categoría:Nados en Viterbo Categoría:Historiadores de Italia Categoría:Escritores de Italia Categoría:Finados en 1502 Categoría:Nados en 1437