A provincia de Castelló (en valenciano: Castelló; en castelán: Castellón) é unha provincia do norte da Comunidade Valenciana, con capital en Castelló de la Plana. Limita polo norte con Cataluña, ao noroeste e oeste con Aragón, e polo leste co mar Mediterráneo. Castelló de la Plana é a localidade máis poboada con 160.714 habitantes, seguida por Vila-real con 44.685 habitantes.
Datos básicos Poboación (2003): 518.239 habitantes. Extensión: 6.679 km². Densidade de poboación: 77,6 hab/km². Capital: Castelló de la Plana Número de deputados: 5 no Congreso dos Deputados e 24 nas Cortes valencianas.
Comarcas A provincia contén todas as Comarcas do Norte do País Valenciano e máis as comarcas do Alt Palància e o Alt Millars:
Alcalatén Alt Maestrat Alt Millars Alt Palància Baix Maestrat Plana Alta Plana Baixa Ports
Demografía
Notas
Castelló, Provincia de