O castelo da Ferrería é unha construción fortificada situada en Fonteo (Baleira). Consérvase en ruínas.
Situación
Sitúase no pico dun outeiro a uns 650 m de altidude, ao leste da aldea do Real de San Paio, a carón do río Eo e o rego do Castelo. Historia Aparece sinalado nos documentos do mosteiro de Pena Maior para delimitar as xurisdicións de Fonteo e Cubilledo. No libro do cobrador do partido de Fonteo do citado mosteiro, século XVIII, cando demarcan o límite da xurisdición de Fonteo, o castelo da Ferrería está entre o marco de Val Escuro e o río do Real. O tombo II do mosteiro fai referencia a un foro dos montes e ferrería de San Paio a Rodrigo Álvarez de Valonga no século XVII.
Galería de imaxes
Notas
Ferrería
Categoría:Baleira