José “Pepe” Solano Caballero, nado en Las Cabezas de San Juan, Sevilla, en 1995, é un político español do partido Izquierda Unida.

É alcalde de Las Cabezas de San Juan desde o 28 de maio de 2023. Tamén é o novo secretario de ADELQUIVIR. Pepe Solano foi concelleiro no Concello de Las Cabezas de San Juan e portavoz do grupo municipal. É licenciado en Ciencias Políticas e Administración pública pola Universidade Pablo de Olavide e ten un máster en Sociedade, Administración e Política pola mesma universidade.

Vida persoal O seu avó é Gumersindo Caballero, alcumado “o da lata”. É curmán de Nieves Hernández Caballero. Os seus tíos son Domingo Hernández Carrillo, que foi alcalde da vila (1995 e 2005), e Juana Caballero Gómez.

Notas

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Las Cabezas de San Juan Categoría:Alcaldes de IU Categoría:Alcaldes de Andalucía