10 francos Montesquieu"10 francs Montesquieu". Numista.com260pxA/: Busto drapeado de perfil de Montesquieu cara á dereita. Lenda: R F.R/: Valor facial. Data. Lenda: LIBERTÉ / ÉGALITÉ / FRATERNITÉ Período: 5ª República Francesa. Datas: 1989 Desmonetizada: 17 de febreiro de 2002. Ceca: Monnaie de Paris. Deseño: Serge Levet. Tiraxe: 15.000 exemplares. Metal: Cu, Al, Ni. Diámetro: 23,00 mm. Peso: 6,50 g. Espesor: 2,10 mm. Canto: 5 series de 12 estrías cada unha.
A moeda de 10 francos Montesquieu é unha moeda co valor facial de 10 francos franceses emitida en 1989, caracterizada por amosar no seu anverso un busto do célebre erudito francés Montesquieu, emitida en conmemoración do tricentenario do seu nacemento en 1689.
Trátase dunha emisión de curso legal mais de carácter conmemorativo, non emitida para a súa posta en circulación. A súa distribución foi exclusivamente en estoxos oficiais e destinada ao coleccionismo numismático."La rare 10 francs Montesquieu". Club Français de la Monnaie & Trésor du Patrimoine (Tresordupatrimoine.fr).
Comparte a súa métrica coa moeda de 10 francos Xenio da Liberdade, producida entre 1988 e 2021 para a circulación ordinaria.
Caracterización Composición A moeda emitiuse cunha composición bimetálica. O seu centro é de níquel, en tanto que o aro que o rodea está cuñado nunha aliaxe composta por cobre (92 %), aluminio (6 %) e níquel (2 %).
Deseño O seu deseño correspóndelle ao gravador da Monnaie de Paris Serge Levet."Serge Levet 1942-". Emile-rousseau.frminiatura|esquerda|238x238px|Retrato de Montesquieu por Benoît Louis Henriquez, no que se basea o anverso da moeda."Portret van Charles de Montesquieu". Rijksmuseum (Rijksmuseum.nl).O motivo principal do anverso é un retrato do erudito e pensador político Charles Louis de Secondat, barón de La Brède e marqués de Montesquieu, ollando cara á dereita e ataviado ao estilo clásico, baseado nun gravado do artista Benoît-Louis Henriquez (1732-1806). O retrato está enmarcado na parte superior pola lenda REPUBLIQUE FRANÇAISE e no exergo a palabra MONTESQUIEU.
Pola súa banda, no centro do reverso indícase o valor facial da moeda, 10F, e a súa data de emisión, con algúns adornos xeométricos e todo rodeado polo lema nacional francés LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ.
O canto da moeda é estriado descontinuo, con cinco series de doce estrías cada unha.
Tiraxes e emisións especiais A tiraxe da emisión estándar foi de 15.000 exemplares. A maiores, cuñáronse a modo de proba outros 1.850 exemplares coa palabra ESSAI ("proba") inscrita no campo do reverso, á esquerda do valor facial."10 francs Montesquieu essai". Numista.com
Á parte da súa versión estándar, existen tamén outras de presentación e investimento, con idéntico deseño que o da moeda estándar e igualmente datadas en 1989. A primeira delas, cunha tiraxe limitada a 5.000 exemplares, cuñouse cun aro exterior de ouro de 920‰ (aliado con prata e cobre) e un centro de ouro de 750 ‰ (aliado con prata e paladio), e cun peso total de 12,00 gramos."10 francs Montesquieu or". Numista.com
Ademais, cuñáronse tres versións piéfort, é dicir cos mesmos deseños mais cuñadas en discos co dobre de grosor, con tiraxes moi curtas; unha versión en prata de 950‰ (300 exemplares),"10 francs Montesquieu Piéfort argent". Numista.com outra en ouro aliado con prata e paladio (25 exemplares)"10 francs Montesquieu Piéfort or". Numista.com e outra en platino de 999‰ (10 exemplares). Estas moedas amosan a palabra PIEDFORT gravada no campo do reverso, á esquerda do valor facial."10 francs Montesquieu Piéfort platine". Numista.com
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094
Outros artigos
Monnaie de Paris Franco francés Moeda de 10 francos Mathieu Moeda de 10 francos Conquista do Espazo Moeda de 10 francos Victor Hugo Moeda de 10 francos Léon Gambetta moeda de 10 francos Xenio da Liberdade Moeda de 10 francos Roland Garros
Ligazóns externas
Cotización da moeda no mercado numismático
Categoría:Moedas de 10 francos franceses Categoría:Moedas conmemorativas Categoría:Moedas fóra de curso