The Others é un filme español do ano 2001 dirixido por Alejandro Amenábar. Inspirado na obra The Turn of the Screw de Henry James dentro do xénero do suspense, está protagonizado pola australiana Nicole Kidman. É unha coprodución hispano-franco-estadounidense.
Gravouse en localizacións de Cantabria e Madrid, aínda que a historia está ambientada na illa de Xersei. No seu momento, foi a película española máis exitosa da historia, con máis de 68.000.000 $ recadados só nos Estados Unidos.
Gañou oito Premios Goya incluíndo premios á mellor película e ó mellor director. Nicole Kidman foi candidata ó Globo de Ouro e ó BAFTA á mellor actriz, entre outros.
Sinopse miniatura|250px|Palacio de Los Hornillos en Las Fraguas (Cantabria), mansión onde se rodaron os exteriores do filme. Ó final da segunda guerra mundial Grace (Nicole Kidman) retírase cos seus dous fillos a unha gran mansión en Jersey, onde espera que regrese o seu marido da fronte. Os seus fillos padecen de fotofobia, unha enfermidade que lles impide estar expostos á luz do sol, polo que tódalas fiestras da casa deben permanecer pechadas. Grace contrata tres serventes, que se comportan dun xeito cada vez máis estraño, ata que Grace fai un descubrimento totalmente inesperado.
Personaxes Nicole Kidman como Grace Stewart Alakina Mann como Anne Stewart James Bentley como Nicholas Stewart Fionnula Flanagan como Bertha Mills Christopher Eccleston como Charles Stewart Eric Sykes como Edmund Tuttle Elaine Cassidy como Lydia Renée Asherson como Muller maior Gordon Reid como Asistente Keith Allen como Sr. Marlish Michelle Fairley como Sra. Marlish Alexander Vince como Victor Marlish Ricardo López como Segundo asistente Aldo Grilo como Xardineiro
Galardóns e nomeamentos Os outros obtivo 15 candidaturas na XVI edición dos Premios Goya, dos que gañou 8. Estas foron as súas candidaturas (en letra grosa os premios gañados):
Mellor película Mellor director: Alejandro Amenábar Mellor guión orixinal: Alejandro Amenábar Mellor música orixinal: Alejandro Amenábar Mellor dirección de produción: Emiliano Otegui e Miguel Ángel González Mellor fotografía: Javier Aguirresarobe Mellor montaxe: Nacho Ruiz Capillas Mellor actor revelación: James Bentley Mellor interpretación feminina protagonista: Nicole Kidman Mellor actriz revelación: Alakina Mann Mellor dirección artística: Benjamín Fernández Mellor deseño de vestiario: Sonia Grande Mellor maquillaxe e peiteado: Ana López-Puigcerver e Belén López-Puigcerver Mellor son: Ricardo Steinberg, Tim Cavagin, Alfonso Raposo e Daniel Goldstein Mellores efectos especiais: Derek Langley, Pedro Moreno, Félix Bergés e Rafael Solórzano
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Especial sobre 'Os outros' en elmundo.es Especial sobre 'Os outros' en elpais.es
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Alejandro Amenábar Categoría:Filmes de Cruise/Wagner Productions Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes sobre pantasmas Categoría:Filmes de terror psicolóxico Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película