Luis Miguel Giménez Gendre, coñecido como Miguel Gendre, nado en Santiago de Compostela en 1988, é un actor, bailarín e mediador cultural galego, cofundador da compañía de teatro e danza morraoconto.
Traxectoria Diplomado en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela, fórmase na aula de danza da USC baixo a dirección de Amparo Novas e na aula de teatro da USC baixo a dirección de Roberto Salgueiro. Forma parte da agrupación Cantigas e Agarimos como bailador e pandereteiro durante catorce anos.
Continúa a súa formación con diferentes creadores: Ana Vallés, Marta Pazos, Lucas Condró, Lali Ayguadé, Paula Quintas, Sonia Gómez, Santiago Corteogoso ou Sharon Fridman.
Participa en producións escénicas de Corpo a Terra, Ponto Teatro, GN Teatro, Centro Dramático Galego ou morraoconto. No audiovisual participa no filme Marilyn, en posprodución, e en curtametraxes de Ghaleb Jaber e Jorge Guimerá, ademais de colaborar en videoclips de Tanxugueiras, Davide Salvado, Som do Galpóm ou A Banda da Loba.
Experiencia profesional
Teatro
Aula de Teatro da USC Agamenón. Volvín do supermercado e deille unha malleira a meu fillo, de R. García. Dirección: Roberto Salgueiro (2012-2013). APNEA (variación 2ª), de R. Salgueiro. (2013-2014). A Historia de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet, de S. Sondheim. Dirección: Roberto Salgueiro (2014-2015). Cinzas, de R. García. Dirección: Roberto Salgueiro (2015-2016).
Outras compañías Cabaret Salomé, de O. Wilde. (GN Teatro, 2016). Os Actos e as Profecías, de T. Canosa e X. Baño. (Centro Dramático Galego, 2024). TROMSØ, de R. R. Martínez. (morraoconto, 2025).
Danza La Partida, de Vero Cendoya. Festival Corpo(a)Terrra, 2018. Humanario, de Pilar García Rego, 2021. Encuentro para Adolfo Domínguez, Adolfo Domínguez, 2022. Vesperi Lux, con Juanma Lodo. Residencias Atopémonos Bailando, 2024.
Audiovisual
Filmes Marilyn (Alba Fernández de la Iglesia, 2022). Secundario.
Curtametraxes Calquera sono (Ghaleb Jaber, 2005). Protagonista. La Cámara (Jorge Guimerá, 2019). Como Tommy.
Videoclips Só. (Davide Salvado, 2015). Actor. Animais (Som do Galpom, 2022). Bailarín. Cobiza (A Banda da Loba, 2022). Bailarín. Fame de odio (Tanxugueiras, 2022). Actor. Sem Guerra (Gaëllo, 2022). Actor.
Premios e recoñecementos Premio Xuventude Crea no 2016, por Cabaré Salomé de GN Teatro. Premio do Público na MITEU de Ourense no 2014, por APNEA (variación 2ª) da Aula de Teatro da USC. Premio do Público na MITEU de Ourense no 2015, por A Historia de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet da Aula de Teatro da USC. Premio á Mellor Interpretación no XVI-ias Espazo tarptautinis universitetu teatru forumas en Vilnius, Lituania, por A Historia de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet da Aula de Teatro da USC. Premio do Público ao Mellor Espectáculo no Festival Internacional de Teatro de Covilha no 2017, por A Historia de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet da Aula de Teatro da USC.
Notas
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1988 Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Bailaríns