Esther Latorre Fernández, coñecida como Esther Latorre, nada en Lugo en 1990, é unha bailarina, coreógrafa e xestora cultural galega. Dende 2016 é cofundadora e directora da cía galaico-portuguesa Colectivo Glovo xunto a Hugo Pereira.
Traxectoria Diplomada en Maxisterio de Educación Física pola Escola Universitaria de Maxisterio de Lugo, Graduada en Danza Contemporánea polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e pertencente a primeira promoción profesional de danza contemporánea de Galicia. Foi merecedora do Premio á Excelencia como intérprete de danza contemporánea.
Dende entón, leva traballado con compañías de España e Portugal, destacando Maduixa Teatre como intérprete na peza Mulïer, galardoada co Premio Max ao mellor espectáculo de rúa, Premio Moritz Millor Estrena de Carrer 2016, Premio Umore Azoka 2017 (País Vasco) e Premio Artes Escénicas Valencianas (IVC 2018) así como en diversas coproducións co Centro Coreográfico Galego. Colabora habitualmente coa firma galega de moda Adolfo Domínguez.
É cofundadora e directora das residencias artísticas de Lugo Atopémonos Bailando, e co-organizadora do festival de artes Cartografía en Movemento. Dende 2016 e intérprete e creadora na súa propia compañía, Colectivo Glovo, un espazo de creación onde desenvolve, xunto a Hugo Pereira, a súa faceta máis imaxinativa traballando na creación escénica tanto para salas como para espazos non convencionais. Colectivo Glovo acumula numerosos premios e recoñecementos, ademais de extensas xiras por todo o territorio español e internacionais en países como Costa Rica, Tailandia, Corea do Sur, Italia ou México. Tamén destaca o seu traballo como directora artística e coreógrafa para outros artistas e compañías.
En 2025 foi a coreógrafa da Gala dos XXIII Premios Mestre Mateo celebrada en Lalín.
Experiencia profesional
Creacións propias Aliquam (2015). MAPA (2016). Colectivo Glovo. Materia Gris (2019). Adolfo Domínguez. EM·NA (2021). Colectivo Glovo. TABÚ (2021). Colectivo Glovo. Sastrería Elástica (2022). Adolfo Domínguez. ALLEO (2022). Colectivo Glovo. Estancia Paisaje (2022). Colectivo Glovo, Paula Quintas, Fran Martínez. XENÉRICA (2022). Colectivo Glovo. O Salón dos Pasos Perdidos (2023). Colectivo Glovo, Paula Quintas, Fran Martínez. TRÏADE (2025). Colectivo Glovo.
Como coreógrafa
Formas de Apariencia (2021). Verónica Vicente, Colectivo Glovo. Os Protegidos (2023). Cía. Teatromosca, Colectivo Glovo. Gala dos XXIII Premios Mestre Mateo. RITO (2025). Conservatorio de Danza de Lugo, Colectivo Glovo. TROMSØ (2025). Morraoconto.
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Bailaríns Categoría:Coreógrafos