Adriano Savio, nado en Milán o 28 de abril de 1947, é un numismático e profesor universitario italiano especializado na moeda da Antigüidade.

Traxectoria

Adriano Savio, nado o 28 de abril de 1947, cursou os seus estudos superiores na súa cidade natal, na Universidade de Milán, en cuxa facultade de Filosofía e Letras se licenciou o 1 de xullo de 1971 na especialidade de Numismática, cunha tese sobre as emisións monetarias de Nerón, dirixida polo profesor Ernesto Bernareggi."Biografia Adriano Savio". Zam.it

Logo da súa etapa formativa, Savio comezou unha longa carreira de investigación numismática, centrada sobre todo nas cuñaxes imperiais romanas, para o que levou a cabo extensas análises cuantitativas e exames técnicos e tipolóxicos das moedas. Entre 1990 e 1995 dedicouse á compilación do inventario e á catalogación das moedas alexandrinas do museo de Osnabrück, en Alemaña."Comunicazione N. 51". Societa' Numismatica Italiana. Maio de 2006. Páxinas 4-5. Os resultados destas investigacións foron publicados en diversas monografías, en artigos en publicacións periódicas como Rivista italiana di numismática, Cronaca numismatica ou Annali dell'Istituto Italiano di Numismatica, e nas actas de diversos congresos."Adriano Savio". Academia.edu Na década de 2000, Savio participou e presentou relatorios en diversas edicións do Congreso Internacional de Numismática, como os de Bruxelas (1991), Berlín (1997), Madrid (2003) e Glasgow (2009).

Paralelamente ao seu labor investigador, Adriano Savio dedicouse tamén ao xornalismo numismático, escribindo numerosos artigos sobre historia monetaria e actualidade económica en xornais e revistas especializadas. Tamén foi o coordinador do grupo de traballo que elaborou un libro de texto para o ensino secundario sobre temas económicos e monetarios, titulado Che cos'è la moneta ("Que é a moeda?"). En 2006, asumiu a dirección da Rivista italiana di numismática, órgano de expresión da Sociedade Numismática Italiana, á que tamén pertenceu.

Durante anos, Adriano Sabio exerceu ademais como profesor de Numismática Antiga na Universidade Ca' Foscari de Venecia e de Historia Económica e Social do Mundo Antigo na Universidade de Milán. Tamén impartiu docencia nos programas de doutoramento de Historia da Universidade de Pisa e na Escola de Especialización en Arqueoloxía da Universidade de Milán.

Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos da traxectoria de Adriano Savio:

(1988). La Coerenza di Caligola nella gestione della moneta. La Nuova Italia. ISBN 9788822104793 (1991). Che cos' è la moneta: in 20 unità didattiche illustrate (con E. Giordana e G. Corradi). Giunti, Florencia. ISBN 9788809604629 (1997). Catalogo delle monete alessandrine della collezione dott. Christian Friedrich August Schledehaus nel Kulturgeschichtliches Museum Osnabrück. Rasch Verlag. (1997). Katalog der alexandrinischen Münzen der Sammlung Dr. Christian Friedrich August Schledehaus im Kulturgeschichtlichen Museum Osnabrück. Rasch Verlag. (2001). Monete romane. Jouvence, Nápoles. ISBN 9788878012912 (2007). Tetradrammi alessandrini. CUEM, Milán. ISBN 9788860011275 (2015). Giovanni Dattàri. Un numismatico italiano al Cairo (con T. Lucchelli e A. Cavagna). Società numismatica italiana, Milán. ISBN 9788890674426 (2017). Genuine Of Fake? The Aboukir Medallions: Originals or Forgeries?. Bernardi, Trieste. ISBN 978-88-85873-34-6

Notas

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Milán Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Alumnos da Universidade de Milán Categoría:Profesores da Universidade de Milán Categoría:Profesores da Universidade de Venecia Categoría:Personalidades sen imaxes