Harriet Martineau, nada en Norwich, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, o 12 de xuño de 1802 e finada en Ambleside o 27 de xuño de 1876, foi unha das intelectuais máis excepcionais, escritora prolífica, activista social (feminista e abolicionista), economista, socióloga e filósofa inglesa.

Fixo contribucións significativas á economía política, á teoría sociolóxica, ao xornalismo, ao debate sobre a condición de Inglaterra e á cuestión feminina a principios e finais da era vitoriana.

Contribucións á socioloxía Martineau está considerada como a primeira socióloga. Como estudante, escribiu varios ensaios dedicados aos costumes sociais en Inglaterra e nos Estados Unidos. O libro How to Observe Morals and Manners (Como observar a moral e os bos costumes, en galego) de 1838 é un tratado sobre a metodoloxía da investigación sociolóxica, no que Martineau examina as clases sociais, o desenvolvemento social, a relixión, as relacións domésticas, as interaccións entre as institucións públicas e o individuo, e a cuestión feminina. Ao formular unha pregunta sobre como se poden analizar as sociedades, Martineau argumentou que os observadores doutras sociedades cometeron un erro metodolóxico fundamental: compararon outras sociedades coa súa.

Martineau tamén traduciu e condensou os seis volumes do Cours de Philosophie Positive (en galego, Curso de filosofía positiva) de Auguste Comte como The Positive Philosophy of Auguste Compte (1853), que sentou as bases para a nova disciplina da socioloxía. A tradución foi recibida favorablemente por Herbert Spencer, T.H. Huxley e outros positivistas británicos.

Notas

Categoría:Feministas do Reino Unido Categoría:Finados en 1876 Categoría:Nados en 1802