Jamila Abidemi Woods, nada en Chicago o 6 de outubro de 1986, é unha rapeira profesional, poeta, activista e profesora norteamericana. Fichada polo selo Jagjaguwar, casa discográfica de Bon Iver ou Foxygen, a súa música contén elementos de hip-hop, neo-soul, jazz, R&B con temáticas que pivotan sobre as reinvidicacións críticas dentro do Feminismo negro.
Traxectoria Licenciada pola Universidade Brown en Filoloxía Inglesa, exerce como Directora Artística Asociada da entidade Young Chicago Authors. Woods é unha poeta galardoada co Pushcart Prize e a súa obra apareceu en revistas e antoloxías especializadas. Foi co-editora de "BreakBeat Poets: Black Girl Magic" (2018). A súa poesía publicouse recentemente na antoloxía da Biblioteca de América "African American Poetry: 250 Years of Struggle & Song" (2020).
Os poemas de Jamila Woods falan das experiencias da vida contemporánea, particularmente en canto á discriminación de raza e á condición de muller. Baséase nunha rica tradición literaria, evocando a miúdo explicitamente a outros poetas nos seus escritos e música. A súa poesía fala con franqueza sobre clase e xénero, convidando ao lector a reflexións íntimas ao mesmo tempo que nos reta a pensar de forma crítica sobre o papel que a cultura xoga na construción das nosas identidades.
As inspiracións de Jamila Woods son musicais, literarias e baseadas no lugar. Invita aos seus alumnos como profesora de inglés a comparar as obras propias cando é invitada a presentalas con algúns dos autores que ela nomeou como as súas inspiracións, como Eartha Kitt, Miles Davis e Octavia Butler. Woods escribe moi a miúdo sobre un barrio en concreto e real, aínda que diferente en cada poema, de Chicago.
Tras o lanzamento no 2016 do seu álbum de estrea HEAVN, Jamila recibiu loanzas da crítica polo seu son singular, con raíces no soul e totalmente moderno. O seu segundo álbum do 2019, LEGACY! LEGACY!, inclúe 12 cancións que levan os nomes de escritores, intelectuais e artistas visuais que influíron na súa vida e obra. Jamila debutou na televisión interpretando "SULA (Paperback)" no programa de Stephen Colbert o 6 de xaneiro de 2021. En outubro de 2022 colaborou co grupo The Hives nunha versión do seu tema "Bogus Operandi" para unha sesión de Spotify. Durante o 2024 colaborou como cantante co artista Sen Morimoto e realizou intervencións poéticas no festival "The Poetry Project" de Nova York.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na Poetry Foundation "Myles", do álbum LEGACY! LEGACY!, en YouTube.
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Rapeiros dos Estados Unidos de América