Lucca Comics & Games é un festival dedicado á banda deseñada e ao mundo dos xogos que se celebra na cidade italiana de Lucca a finais de outubro coincidindo co Día de Todos os Santos. É o maior festival de banda deseñada de Europa e o segundo máis grande do mundo despois do Comiket de Kōtō.

Historia O Salone Internazionale del Comics foi creado por Rinaldo Traini, Romano Calisi e Claude Moliterni en 1965 en Bordighera."Lucca 9", Bang! #11 (1974), p. 55. En 1966 trasladouse a unha praza no centro de Lucca e, co paso dos anos, foi crecendo en tamaño e importancia.

A partir de 1977, os problemas de financiamento reduciron a frecuencia do festival a cada dous anos. Na década de 1980, o festival trasladouse a un centro deportivo nos arredores de Lucca, onde permaneceu até 1992. En 1996, mudou o seu nome a Lucca Comics & Games. miniatura|Interior dun pavillón na edición de 2007. Mentres, en Roma, o Salone internazionale del Comics celebrouse de 1995 a 2005. En 2006, con motivo do 40 aniversario do festival, o Salone fusionouse con Lucca Comics & Games e trasladouse de novo ao centro da cidade de Lucca, con postos e pavillóns dispostos en diferentes lugares dentro e fóra das murallas medievais da cidade. 4

En 2022, o festival vendeu 319.926 entradas, superando o récord establecido en 2016, cando atraera a 270.000 asistentes.

Premios Lucca Comics & Games O premio toma o nome da familia Guinigi, unha das máis poderosas e influentes de Lucca durante a Idade Media. Foron mecenas das artes, gobernantes da cidade e deixaron nela un símbolo inconfundible: a torre Guinigi, sobre a que medran carballos, que se converteu nun dos emblemas visuais da cidade.

Gran Guinigi, premio de carreira e Gran Premio Guinigi

1969: Hugo Pratt, por Una ballata del mare salato 1975: Dan O'Neill por The Penny-Ante Republican 1978: Carlos Trillo 1986: Bill Sienkiewicz

1990: Máximo Rotundo 2001: Aldo Di Gennaro 2005: Grazia Nidasio 2006: Gino D'Antonio 2007: Sergio Toppi 2008: Vittorio Giardino 2009: Robert Crumb 2010: Jiro Taniguchi 2011: Enrique Breccia 2012: Hermann Huppen 2013: Silver (Guido Silvestri) 2014: Gipi 2015: Alfredo Castelli 2016: Albert Uderzo 2017: José Muñoz 2018: Leiji Matsumoto 2019: Chris Claremont 2020: AkaB 2021: Lorenzo Mattotti 2022: Riyoko Ikeda e Milo Manara 2023: Frank Miller 2024 e 2025: Por engadir.O festival non publicou a lista oficial de premiados das edicións de 2024 e 2025 nesta categoría.

Evolución dos premios

Antes de 1970, nas primeiras edicións do salón entregáronse outros galardóns, como a Targa d'Argento (1966), a Torre Guinigi d'oro (1967) e o Gran Guinigi (1969).

De 1970 a 1992 o festival presentou os premios Yellow Kid Award en diversas categorías, incluída a de carreira (Lifetime Achievement). Entre 1994 e 2005, os Yellow Kid foron entregados no Salone Internazionale dei Comics de Roma. En 2006 o premio á carreira foi recuperado baixo o nome de Gran Guinigi.

Lucca Comics Awards, edición moderna

Exemplo da edición de 2025:As categorías varían segundo cada edición anual. Maestro del Fumetto: Tetsuo Hara Gran Guinigi, Mellor fumetto serial: Veil de Kotteri! Gran Guinigi, Mellor fumetto breve: Animali domestici de Bianca Bagnarelli

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Banda deseñada Videoxogo Xogo

Categoría:Videoxogos Categoría:Xogos de mesa Categoría:Xogos de rol