A provincia de Burgos é unha das provincias de Castela e León, está situada ao nordés desta comunidade. A súa capital é a cidade homónima de Burgos. Ocupa unha superficie de 14.300 km² e a súa poboación en 2006 era de 363.874 habitantes. Moitos dos 370 concellos da provincia (131 en 2006) teñen menos de 100 habitantes.

Burgos posúe un enclave no interior da provincia de Áraba: o enclave de Treviño.

Xeografía A provincia limita coa Comunidade Autónoma da Rioxa e Soria polo leste; con Palencia e Valladolid polo oeste ; con Segovia polo sur e coa Comunidade Autónoma de Cantabria e o País Vasco (Biscaia e Áraba) polo norte.

Ríos Pola provincia pasan o Ebro, o Douro, o Arlanzón e o Arlanza.

Comarcas

A provincia de Burgos divídese en 10 comarcas: Comarca Municipios Superficie (Has) Pob.(INE 2006) Alfoz de Burgos 52 193.341 Arlanza 51 13.578 La Bureba 51 12.682 Ebro 8 50.642 Meiriñados 25 23.186 Montes de Oca 24 6.462 Odra-Pisuerga 43 10.461 Páramos ou Sedano e Las Loras 10 2.355 Ribera del Duero 56 48.035 Serra da Demanda 51 13.132

Localidades principais

As localidades da provincia con máis de mil habitantes son: miniatura|250px|Arco de Santa María, Burgos miniatura|250px|Alcázar dos Condestables de Castela, Medina de Pomar miniatura|Estatua do Cid, en Burgos Nome Pob.(INE 2006) Burgos 173.676 Miranda de Ebro 42.632 Aranda de Duero 32.545 Briviesca 7.146 Medina de Pomar 5.610 Villarcayo de Merindad de Castilla la Vieja 4.377 Valle de Mena 3.611 Lerma 2.789 Roa 2.363 Belorado 2.157 Salas de los Infantes 2.049 Quintanar de la Sierra 1.994 Espinosa de los Monteros 1.951 Melgar de Fernamental 1.876 Villadiego 1.840 Pradoluengo 1.549 Alfoz de Quintanadueñas 1.515 Oña 1.422 Merindad de Río Ubierna 1.362 Condado de Treviño 1.345 Sasamón 1.296 Ibeas de Juarros 1.276 Villagonzalo Pedernales 1.245 Huerta de Rey 1.175 Trespaderne 1.067 Valle de Tobalina 1.021

Partidos xudiciais

A provincia de Burgos ten sete partidos xudiciais: Partido Xudicial Municipios Superficie (Has) Pob.(INE 1998) Aranda de Duero 56 157.087 46.721 Briviesca 42 105.044 11.648 Burgos 135 499.615 198.682 Lerma 52 171.396 14.521 Miranda de Ebro 14 61.869 50.125 Salas de los Infantes 48 150.043 13.852 Villarcayo 24 253.340 22.806 Total 371 1.429.219 346.355

Entidades Locais Menores As Entidades Locais Menores son un tipo de subdivisións dos concellos que se dan na provincia de Burgos.

Demografía

Comunicacións Autoestradas, autovías e estradas Pola provincia discorren numerosas estradas nacionais, autovías e autoestradas que unen o territorio con outros da mesma comunidade e coas de fóra. Destacan:

42px: Burgos-Armiñón 34px: Madrid-Burgos e Armiñón-Irún 34px: Burgos-Miranda 50px: León-Burgos Autovía do Camiño, Autovía do Camiño de Santiago ou Estrada N-120, Logroño-Burgos-Vigo, que segue o trazado do Camiño de Santiago, tamén chamada A-12 cando estean terminadas as obras entre Logroño e Burgos, actualmente en curso.

En proxecto está a AP-69 ou Autoestrada Dous Mares que unirá Miranda de Ebro coa cornixa cantábrica a través dos meiriñados.

56px: Reinosa-Miranda de Ebro

miniatura|200px|dereita|Centro de control de Adif en Miranda de Ebro.

Ferrocarril A provincia ten dúas estacións de ferrocarril consideradas de primeira orde: a estación de Burgos e a estación de Miranda de Ebro. A primeira delas atópase na liña Madrid-Irún e a partir de decembro do 2007, está conectada con Madrid grazas a un servizo Alvia de Alta Velocidade. Na segunda estación únese á devandita liña Madrid-Irún coa de Castejón-Bilbao. Tamén quedará conectada a Madrid co mesmo servizo de Alta Velocidade que Burgos. A estación de Miranda conta cun importante núcleo loxístico coa súa Clasificación de Mercancías e numerosos talleres de RENFE. Nas instalacións ferroviarias de Miranda está o Posto de Mando de Adif que se encarga do control do tráfico de todo o norte peninsular.Miranda asume o control ferroviario do norte de España

A Estación de Aranda de Duero veu remitida a súa actividade nos últimos anos, empregándose no uso industrial para algunhas empresas da zona.

Aeroportos A provincia ten un aeroporto, o Aeroporto de Burgos. Pertence á rede de AENA e está situado a uns catro quilómetros ao nordés da capital, nunha ampla chaira sobre terreos do termo municipal de Burgos e comprendendo os barrios de Gamonal e Villafría. Incorporouse á rede de aeroportos de AENA en outubro do ano 2000.

Economía

A potencia de xeración eléctrica total instalada na provincia de Burgos a 31 de decembro do 2003, incluíndo autoprodutores, era de 964 MW, aproximadamente un 8,5% superior á potencia xerada no ano anterior. Destaca a entrada en servizo no ano de parques eólicos así como a entrada en funcionamento de dúas plantas de tratamento de residuos, neste caso de xurros, para a produción de enerxía. Cabe comentar o incremento nun 22% con respecto ao ano 2002 da potencia instalada en coxeración. Este incremento é, en parte, debido á transposición en España de Directivas Europeas para o fomento das enerxías renovables e a coxeración. Fonte enerxética 2002 % 2003 % Variación % Hidroeléctrica 108.343 2.12 153.018 2.92 41,23 Nuclear 3.995.000 78.16 3.742.000 71.54 -6.33 Gas 702.177 13.74 881.847 16.86 25.59 Tratamento de Residuos 0 0 41.382 0.79 --- Eólica 305.600 5.98 411.499 7.87 34.65 Fotovoltaica 5.63 0.001 101.05 0.2 --- Total 5.111126 100.00 5.229.846 100.00 2.32

Lugares de interese Patrimonio da Humanidade: Catedral de Santa María de Burgos, Camiño de Santiago, Atapuerca. Históricos/arqueolóxicos Cidade romana de Clunia (cerca de Peñaranda de Duero) e vila Romana de Santa Cruz (Do século IV) Baños de Valdearados. Románico do Esgueva. Sitio arqueolóxico da Ulaña (Declarado Ben de Interese Cultural en 2006). Outros Cidade de Burgos e o seu casco antigo. Localidades de Santo Domingo de Silos, Covarrubias, Lerma, Peñaranda de Duero, Orbaneja del Castillo, Frías, Oña, Villarcayo e Medina de Pomar, entre outras. Monumento Natural de Monte Santiago: espazo natural protexido con 2.537 ha. de superficie; é coñecido polo Salto do Nervión, que con 270 m de caída é a fervenza máis grande de España, arrodeado dun fermoso faial. Monumento Natural Ojo Guareña cunha área de 13.850 ha, é un Complexo Kárstico, considerado o de maior desenvolvemento de España con 110 km de galerías subterráneas. Xacemento petrolífero de Sargentes de la Lora. Camiño de Santiago: Redecilla del Camino, Belorado, Villafranca Montes de Oca, San Juan de Ortega, Atapuerca, Castrogeriz.

Notas

Burgos Burgos