Anxo Rabuñal Rey, nado en Santiago en 1963, é un escritor, investigador, editor, libreiro, docente e comisario de exposicións galego. A súa obra céntrase na historia da arte, a fotografía, a cultura visual e a edición, combinando o ensaio coa investigación sobre artistas e movementos culturais contemporáneos.

Traxectoria Estudou Filosofía e CCEE na Universidade de Santiago de Compostela, e posteriormente fixo un posgrao en Planificación e Xestión de Proxectos nos ámbitos da Educación, a Ciencia e a Cultura» (OEI-UNED, 2002-2003), e un posgrao en Relacións Internacionais en América Latina (CIDOB-Centre d’Investigació i Documentació de Barcelona, 2002-2003).

Ao longo da súa carreira exerceu como investigador privado, libreiro na libraría Novaniké, editor, docente e comisario de exposicións, especializándose na recuperación de figuras e proxectos pouco coñecidos da cultura galega e catalá do século XX. Desenvolveu unha actividade profesional moi vinculada ao libro, á investigación artística e á edición independente. Foi coeditor das revistas culturais Favorita e Trilateral entre 1985 e 1989, xunto con Xelís de Toro e Pepe Sendón. Recoñecementos

Diploma de Mecenas Argiro-gallego, outorgado polo Teatrito Rioplatense de Entidades, en Buenos Aires.

Diploma da Orden Federico Knishe outorgado polo Teatrito Rioplatense de Entidades, en Buenos Aires.

Comisariados de exposicións (selección) 1993-1996. Coordinador de exposicións e edicións do Centro de Arte Balmes 21 da Universidade de Barcelona. 2005. O Lado da Sombra. Sedición gráfica e iniciativas ignoradas, raras ou desacreditadas: 1969-1971. Exposición na Fundación Luis Seoane, A Coruña. 2009. A Nosa Voz. Exposición conmemorativa do centenario do Himno. Antiga igrexa de San Domingos de Bonaval. 2012. Do it yourself! Chankecham. Os incunables contemporáneos dun impresor particular. Exposición na Biblioteca de Galicia. 2018. Català-Roca en Galicia. Exposición no Auditorio de Galicia de Santiago, e no Kiosko Alfonso da Coruña.

Obras (selección)

Barcelona Murs, con Genís Cano, Ajuntament de Barcelona, 1991. ISBN 978-84-7609-461-7. Imatges de Catalunya, con Agnès Bosch, El País-Aguilar, 1995. ISBN : 84-03-59631-6 O Lado da Sombra: sedición gráfica e iniciativas ignoradas, raras ou desacreditadas. Fundación Luís Seoane, 2005. 2 vol. + dvd ISBN : 84-609-7525-8 "Viaxe ao lado da sombra: apontamentos sobre a contracultura na Galiza", en revista Adra nº 1, 2006. "Inventario de Sálvora", en revista Aunios nº 14, maio 2009, pp. 21-28. "Sálvora na literatura", en revista Aunios nº 15, 2010, pp. 67-70. "Chankecham, o zapateiro prodixioso", en revista Galegos nº 16, 2012; p. 98-103 "Los Tamara: rumba atlántica", en Santa Rumba: el fanzine rumbero de Sant Gaudenci, nº 8, nov. 2013; p. 22-25 "A vida magnificada", en Català-Roca en Compostela. AR Pub, 2014. ISBN 978-84-617-0814-7. "O problema da existencia: inicio e continuidade no sistema da arte en Galicia", en revista Grial, nº 208, 2015. "Fotolibros", en Coralia: revista compostelá de tendencias, nº 4, 2016; p. 51-52 "Niké", en Coralia: revista compostelá de tendencias, nº 3, 2016; p. 11 "Como se colga un cadro", en VVAA, Anxel Huete, unha revisión crítica, MARCO, 2017. "Técnicas de desaparición", prólogo a Hakim Bey, Zona temporalmente autónoma. Axouxere, 2005. Escribir y dibujar, en el fondo, no son lo mismo, con Martí Peran. Ediciones Asimétricas, 2019. Entrevista en Gonzalo León, Un liborio para Córdoba. Postales Japonesas, Córdoba (Arxentina), 2020. pp. ISBN : 978-987-8383-06-4

O pintor e a vida moderna: Para lermos o Diario de Castelao (2024). Ediciones del Serbal. ISBN 978-84-7628-988-4. "É cruzando o ceu que a lua enche: un tour sobre o turismo", en Tourist go home?, Através editora, 2026.

Como editor (selección) Co-editor das revistas Favorita e Trilateral (con Xelís de Toro e Pepe Sendón, 1985-89).

Editor de Los ladrones de dinamita, de Raimond Chaves. AR Pub, 2000.

Editor de Teatro Proletario de Cámara, de Osvaldo Lamborghini, AR Pub, 2008.

Editor de Hakim Bey, Alén do turismo, ilustrado por Federico Guzmán, 2005.

Editor de Català-Roca en Compostela, AR Pub, 2008.

Traducións Alén do turismo, de Hakim Bey, ilustrado por Federico Guzmán. AR Pub, 2005. "Cunqueiro, Luján, o Albariño e "La Vanguardia"", de Julià Guillamon, en A Trabe de Ouro, nº 104, out. 2015; p. 75-114

Notas

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela