O Premio Carlos Casares de Xornalismo Literario é convocado polo Concello de Xinzo de Limia e a Fundación Carlos Casares desde 2017. O seu obxectivo é honrar a figura de Carlos Casares e promover a excelencia literaria e xornalística.
Xornalistas premiados
2017 (I). Alfonso Vázquen Monxardín. 2023 (II): Antonio Piñeiro, correspondente de La Región e experimentado xestor cultural no Concello de Celanova. 2024 (III): Pilar Cernuda, en recoñecemento á súa brillante traxectoria profesional como xornalista e escritora. 2025 (IV): Víctor F. Freixanes pola súa columna Vento nas velas, que publica periodicamente en La Voz de Galicia desde xuño do 2001, na que ofrece a súa visión da actualidade desde unha ollada galega.
Notas
Categoría:Premios e certames literarios de Galicia de xornalismo Categoría:Carlos Casares Categoría:Xinzo de Limia