Oksana Chusovitina (de nome completo Oksana Aleksandrovna Chusovitina, en ruso: Оксана Александровна Чусовитина, tamén transcrito Tsjoesovitina, Chusovítina e Čusovitina), nada o 19 de xuño de 1975 en Bukhara, é unha ximnasta alemá-uzbeca. Durante a súa carreira competiu pola Unión Soviética (até 1992), Comunidade de Estados Independentes (1992), Uzbekistán (1993-2006, e de novo desde 2013 até o presente) e Alemaña (2006-2012). Nos Xogos Olímpicos de 1992 converteuse en campioa olímpica (xunto co equipo completo do equipo unificado da CEI). Pola súa longa traxectoria, é coñecida ás veces como a avoa da ximnasia.

Traxectoria Oksana Chusovitina comezou a practicar ximnasia en 1982. A súa carreira como ximnasta comezou nos campionatos internacionais comezou en 1989. É a única ximnasta feminina que competiu en oito Xogos Olímpicos. En 2024 lesionouse durante as probas clasificatorias, o que lle impediu participar nos que serían os seus novenos Xogos. Ademais, é unha das dúas únicas ximnastas que competiron nos Xogos Olímpicos baixo tres bandeiras diferentes: o Equipo Unificado nos de 1992, Uzbekistán en 1996, 2000, 2004, 2016 e 2021 (Toquio'2020),Os Xogos Olímpicos de Toquio 2020 manteñen esa denominación, aínda que foron celebrados no verán de 2021, debido á pandemia de COVID-19 e Alemaña en 2008 e 2012. Chusovitina tamén competiu en dez Campionatos Mundiais de Ximnasia Artística, tres Xogos Asiáticos e tres Xogos de Boa Vontade (Goodwill Games). Con nove medallas, ostenta o récord de máis medallas individuais nos Campionatos Mundiais de Ximnasia Artística nunha soa proba; en 2023 gañou medalla nos Mundiais por terceira vez consecutiva.

Chusovitina é, xunto coa soviética Larissa Latynina, a neerlandesa Suzanne Harmes, a cubana Leyanet Gonzalez e a española Thais Soha-Escolar, unha das poucas ximnastas que regresou ao nivel internacional despois de dar a luz.

Palmarés

Xogos Olímpicos de Verán AnoCidadeResultado / participaciónPaís representado1992BarcelonaMedalla de ouro en equipo + 7º en chan (floor)Equipo Unificado (ex·URSS)1996AtlantaParticipouUzbekistán2000SídneyParticipouUzbekistán2004AtenasParticipouUzbekistán2008PequínMedalla de prata en salto (vault)Alemaña2012LondresParticipación - especialista en saltoAlemaña2016Río de XaneiroParticipación - especialista en saltoUzbekistán2020TokioParticipación - especialista en saltoUzbekistán Campionatos do Mundo AnoLugarMedallasPaís representativo1991Indianápole1º equipo (ouro), 1º chan (ouro) 2º salto (prata)URSS1992París3º salto (bronce)CEI1993Birmingham3º salto (bronce)Uzbekistán1995Sabae6º saltoUzbekistán2001Gante2º salto (prata)Uzbekistán2002Debrecen3º salto (bronce)Uzbekistán2003Anaheim1º salto (ouro)Uzbekistán2005Melbourne2º salto (prata)Uzbekistán2006Aarhus3º salto (bronce)Alemaña2007Stuttgart6º saltoAlemaña2011Toquio2º salto (prata)Alemaña2013Antuerpen5º saltoUzbekistán2017Montreal5º saltoUzbekistán

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Maternidade Ximnasia artística Xogos Olímpicos

Ligazóns externas

Guinness World Records – Oldest Olympic gymnast (female) (en inglés) Noticias Olímpicas – “La incombustible Oksana Chusovitina” (en castelán)

Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polo Equipo Unificado Categoría:Deportistas olímpicos de Alemaña Categoría:Ximnastas da Unión Soviética Categoría:Uzbekistán nos Xogos Olímpicos Categoría:Alemaña nos Xogos Olímpicos