miniatura|262x262px|Bosque Lucense A ética ambiental ou ética do medioambiente é unha rama da filosofía moral que examina as relacións éticas entre o medioambente e os seres humanos, así como o modo no que se debería actuar. Exerce unha gran variedade de disciplinas como o dereito, a economía, a socioloxía, a ecoloxía, a xeografía etc.
A ética ambiental considérase un campo plural, no que conviven interpretacións incompatibles entre si, pero que permiten entender mellor como deberían relacionarse as sociedades humanas co medio natural e que consecuencias teñen as accións humanas sobre el. Estes debates teñen implicacións directas en cuestións como o uso de recursos naturais, a protección da biodiversidade e a intervención ou non nos ecosistemas.
Biocentrismo Unha das principais posicións neste campo é o biocentrismo que considera que as entidades moralmente considerables son os seres vivos. Este punto de vista está centrado na sintiencia. Isto é porque segundo o biocentrismo os seres aínda que non sexan sentintes contarían de igual modo. A forma máis sinxela de defender o biocentrismo consiste en soster que todos os seres vivos poden ser prexudicados ou beneficiados. Dentro desta postura tamén se defende que hai que respectar a todos os seres vivos á marxe de que iso sexa valioso para eles.
Holismo Dentro da ética medioambiental existen as chamadas prespectivas holistas, as cales consideran que as entidades moralmente considerables son conxuntos doutras entidades. O holismo non constitúe soamente unha postura concreta, senón que dentro ten outras posturas, entre elas a máis popular é o ecocentrismo.
Ecocentrismo O ecocentrismo considera que as entidades moralmente relevantes son os ecosistemas e outros conxuntos ecolóxicos como a biocenosis. Esta posición defende que a existencia de ecosistemas e valiosa en si mesma, aínda que cómpre salientar que isto mesmo poderíase defender por razóns normativas non baseadas no que é valioso. Tamén prescribe que os ecosistemas debense manter ao longo do tempo independentemente do efecto e dos intereses dos seres sentintes a conservación dos ecosistemas.
Tamén hai perspectivas centradas no salvaxe, estas prespectivas consideran que as entidades son moralmente considerables son aquelas cuxa existencia ha podido darse por causas naturales. Polo tanto esta teoría afirma que soamente o que é formado ou creado pola natureza ten un compoñente valioso e auténtico.
Véxase tamén Bibliografía
Ip, King-Tak (2009). Environmental Ethics: Intercultural Perspectives. Brill Academic Publishers. ISBN 9789042025950. 9781441617033. Dorado, Daniel (2015). El conflicto entre la ética animal y la ética ambiental: bibliografía analítica. Tese de doutoramento. Universidade Carlos III de Madrid. Horta, O. (2015). Biología del bienestar y desvalor natural: De la filosofía de la biología a la ética aplicada. Actas do I Congreso Internacional da Rede Española de Filosofía (Vol. XVII, pp. 7–13). Editorial da Universidade de Valencia.
Categoría:Filosofía Categoría:Ecoloxismo