, nado o 19 de maio de 1870 e finado o 7 de xuño de 1945, foi un filósofo e estudoso da relixión xaponés, especializado nos eidos da ética, a filosofía das matemáticas e a filosofía da ciencia. Fundou a chamada Escola de Kyōto.

Traxectoria Kitarō Nishida naceu o 19 de maio de 1870 en Unokema (actual Kahoku), na prefectura de Ishikawa. Graduouse en Filosofía pola Universidade de Tōkyō en 1894, durante o período Meiji. Comezou a traballar nunha escola de Ishikawa en 1899, para despois obter un posto de profesor na Universidade de Kyōto. Xubilouse en 1927. En 1940 recibiu a Orde da Cultura do goberno nipón. Nese mesmo ano, participou na fundación do Instituto Tecnolóxico de Chiba.

Nishida finou aos 75 anos a causa dunha infección renal, na cidade de Kamakura (prefectura de Kanagawa). As súas cinzas repartíronse en tres lugares distintos: na tumba familiar da súa localidade natal; no templo Tōkei-ji de Kamakura, onde despois descansarían os restos do seu amigo D. T. Suzuki, quen organizou a súa cerimonia funeraria; e no templo Reiun'in do complexo Myōshin-ji de Kyōto.

Filosofía Nado durante o período Meiji, Nishida tivo unha oportunidade única para explorar a filosofía oriental dende o prisma da nova filosofía chegada de Occidente. Neste sentido, o seu pensamento é orixinal e creativo, incorporando ideas tanto do zen como da filosofía europea. Ao longo da súa vida, escribiu numerosos libros e ensaios, entre os que destacan Zen no kenkyū (en ) e Bashoteki ronri to shūkyōteki sekaikan (en ). En xeral, o traballo de Nishida estableceu a base sobre a que fundou a Escola de Kyōto, inspirando as investigacións dos seus discípulos.

Un dos conceptos máis coñecidos de Nishida é a lóxica do , normalmente traducido como "lugar". Esta lóxica é concreta e non dualista, e o seu obxecto é superar a inadecuada distinción entre suxeito e obxecto que é consubstancial á lóxica do suxeito de Aristóteles e á lóxica de predicados de Immanuel Kant. Isto lógrase mediante a afirmación do que o filósofo chama "a autoidentidade absolutamente contraditoria", unha tensión dinámica que opostos que, a diferenza da lóxica dialéctica de G. W. F. Hegel, non se resolve nunha síntese. Ao contrario, define o seu suxeito adecuado mantendo a tensión entre afirmación e negación como polos opostos ou perspectivas.

Na súa primeira obra, Zen to kenkyū, Nishida escribe sobre a experiencia, a realidade, o ben e a relixión. Defende que a forma máis fonda de experiencia é o que el chama "experiencia pura", caracterizada pola harmonía e unidade con todo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alumnos da Universidade de Tokyo Categoría:Finados en 1945 Categoría:Nados en 1870 Categoría:Filósofos do Xapón