Frederick B. Cohen (nado en 1956) é un informático estadounidense coñecido sobre todo por ser o inventor das técnicas de defensa contra os virus informáticos. Creou a definición de «virus informático». Cohen é coñecido sobre todo polo seu traballo pioneiro sobre virus informáticos, a invención de mecanismos de sistemas operativos de alta integridade que agora se usan de forma xeneralizada e a automatización das funcións de xestión da protección.
En 1983, mentres estudaba na Escola de Enxeñaría da Universidade do Sur de California, escribiu un programa para unha aplicación parasitaria que tomaba o control das operacións informáticas, un dos primeiros virus informáticos, na clase de Leonard Adleman:
Un dos poucos resultados teóricos sólidos no estudo dos virus informáticos é a demostración de Cohen en 1987 de que non existe un algoritmo que poida detectar perfectamente todos os virus posibles.
Cohen tamén cría que existen virus positivos e creara un chamado virus de compresión que, ao propagarse, infectaría todos os ficheiros executábeis dun ordenador, non para destruílos, senón para facelos máis pequenos.Burger, Ralph, 1991. Computer Viruses and Data Protection, pp. 19-20
Premios International Information Technology Award (1989) Techno-Security Industry Professional of the Year (2002)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Personalidades da informática Categoría:Alumnos da Universidade de California do Sur Categoría:Nados en 1956