José Fernández Santín, nado en San Miguel (Cervantes) o 17 de febreiro de 1907 e finado en Gusen (Austria) o 20 de decembro de 1941, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis.
Traxectoria Fuxiu a Francia trala conclusión da guerra civil española, sendo recluído no campo de internamento de Sepfonds (Tarn-et-Garonne). Foi capturado polo exército alemán trala caída de Francia na segunda guerra mundial e enviado ó Stalag XI-A, en Altengrabow (Alemaña). Deportado ó campo de concentración de Mauthausen, onde ingresou o 20 de abril de 1941, e finalmente trasladado ó campo de concentración de Gusen, onde pereceu o 20 de decembro de 1941.
Recoñecementos A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica colocou no concello de Cervantes unha Stolperstein na súa memoria, así como en lembranza de Jesús López Digón, Octavio Arias González, Manuel Fernández Fernández, José Fernández Pérez e Jesús Méndez López, todos eles orixinarios deste municipio e vítimas do franquismo e o réxime nazi.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis