miniatura|Esta imaxe dun manuscrito francés de 1270 describe a unha "Aspidoquelona". De acordo coa tradición do "Physiologus" e diversos bestiarios medievais, a Aspidoquelona é unha criatura lendaria do mar, descrita como unha balea ou unha gran tartaruga, ambas as dúas con grandes espiñas na crista das costas. Con todo, dado que é tan grande que pódese confundir coas illas, o seu aspecto será difícil de detallar. O nome semella ser unha palabra composta que combina aspis (do grego, que significa "escudo"), e chelone, a tartaruga.

Álzase dende as profundidades dos mares para atraer aos mariñeiros incautos coa súa aparencia de illa para que naufragen, finalmente, os arrastra ata o fondo do mar onde devora tanto ao barco coma aos mariñeiros. Tamén pode emitir un doce cheiro para atraer ós peixes.

Na alegoría moral do Physiologus e tradición bestiaria, a Aspidoquelona representa a Satán.

Notas

Categoría:Xigantes Categoría:Mitoloxía árabe Categoría:Monstros mariños Categoría:Criaturas da mitoloxía grega