''Este artigo fai referencia ao Partido Comunista de España en Galicia ata a constitución do Partido Comunista de Galicia O Partido Comunista de España tivo en Galicia escaso número de simpatizantes ata a proclamación da Segunda República. Aínda así contou desde o comezo con grupos en Pontevedra, Vigo e Ferrol, organizándose despois en Santiago de Compostela, Ourense e MonforteBernardo Máiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Vigo, 1988 páx. 26 nun ambiente de clandestinidade ata a proclamación da II República. Nas eleccións do 12 de abril de 1931 conseguiu dous concelleiros na cidade de Pontevedra grazas á influencia que exercían os comunistas na Federación Comarcal Agraria de Pontevedra. Ao longo de 1932 e 1933, aproveitando o desgaste do PSOE, o PCE aumentou a súa militancia de xeito significativo entre os obreiros participando nos conflitos obreiros e a aparición dun sindicato propio (Confederación General del Trabajo Unitaria) e por medio da extensión do agrarismo comunista a outras comarcas, formándose en 1936 a Federación Campesina Provincial en Ourense.
A represión desencadeada a raíz dos sucesos de outubro de 1934 freou o desenvolvemento do PCE en Galicia pero acelerou a unidade de acción das organizacións obreiras. O primeiro acto público significativo do PCE en Galicia logo de outubro de 1934 non foi ata o 1 de xaneiro de 1936, cando o partido celebrou na Coruña un mitin coa participación de Dolores Ibárruri.Dolores Ibárruri. El único camino. Castalia, 1992, páxina 310 Nas eleccións de 1936 participou dentro da Fronte Popular, conseguindo un escano. Nesa altura contaba con 3.000 militantes, destacando Vigo, Pontevedra, o norte da provincia da Coruña, Viveiro e Ourense. Duramente reprimidos durante a guerra civil, os comunistas constituíron o principal continxente que se sumou á resistencia armada ao réxime de Franco e foron moi activos dentro da oposición interior, sobre el xiraba case toda a actividade política contra a ditadura.
Notas
Categoría:Partidos políticos de Galicia