Alfonso Mariña Rey, nado na Coruña o 5 de agosto de 1930 e finado en Long Island o 27 de maio de 2004, foi un futbolista galego-estadounidense, que desenvolveu a súa carreira na American Soccer League. Foi internacional coa selección nacional dos Estados Unidos e formou parte do equipo estadounidense nos Xogos Olímpicos de 1956.
Traxectoria Nacido na Coruña, emigrou aos Estados Unidos, onde xogou ao fútbol como defensa. No país norteamericano militou no Brookhattan-Galicia e no Brooklyn Hispano, da American Soccer League. Seu irmán Reinaldo Mariña, que fora unha figura destacada do fútbol modesto coruñés, tamén emigrou aos Estados Unidos, onde presidiu a Casa Galicia de Nova York.
Selección dos Estados Unidos Debutou coa selección dos Estados Unidos nunha derrota por 3-2 ante Islandia o 25 de agosto de 1955. Foi convocado por Jimmy Mills para representar aos Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de 1956 en Melbourne, e antes dos Xogos o equipo realizou unha exitosa xira por Asia, gañando cinco partidos e perdendo tres. Con todo, no certame olímpico o equipo caeu na primeira rolda ante Iugoslavia, sufrindo unha das maiores goleadas da historia do torneo: 9-1.
Alfonso Mariña morreu en Long Island o 27 de maio de 2004, á idade de 73 anos.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1956 Categoría:Futbolistas olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Futbolistas olímpicos de Galicia Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América