O Real Club Recreativo de Huelva, S.A.D. é un club de fútbol español da cidade de Huelva, en Andalucía. Foi fundado en 1889, sendo xa que logo o club de fútbol máis antigo de existencia ininterrompida da Península Ibérica, motivo polo cal é nomeado como Decano do Fútbol Español. Actualmente xoga na Primeira División RFEF.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta branca con franxas verticais azuis, pantalón branco e medias brancas. Uniforme suplente: Camiseta azul escura, pantalón azul escuro e medias azuis escuras. Uniforme alternativo: Camiseta fucsia con pequenas listas azuis, pantalón azul e medias azuis.

Estadio

O Estadio Nuevo Colombino foi inaugurado o 8 de novembro de 2001 nun partido amigábel fronte ao Newcastle no que gañou o Recreativo. Pero a súa inauguración oficial produciuse cun partido que enfrontou ás seleccións de España e México, sendo esta a primeira vez que a selección española acudía a Huelva; o resultado foi de 1:0 a favor dos españois e o estadio encheuse ao máximo da súa capacidade (20.161 persoas).

esquerda|250px|miniatura|Tribuna principal do Nuevo Colombino

Datos do club Tempadas en 1ª: 5 Tempadas en 2ª: 35 Tempadas en 2ªB: 8 Tempadas en 3ª: 25 Mellor posto na liga: 8º (1ª tempada 2006-07) Peor posto na liga: 20º (1ª tempada 2008-09) Posto na Clasificación histórica de Primeira División: 40º

Palmarés Torneos rexionais Campionato de Andalucía (13): 1903, 1904, 1905, 1906, 1907, 1908, 1909, 1910, 1911, 1912, 1913, 1914, 1916, 1918 Copa de Andalucía (1): 1917-18 Subcampión da Copa de Andalucía (2): 1916-17, 1918-19

Torneos estatais Subcampión da Copa do Rei (1): 2002-03 Segunda División de España (1): 2005-06 Subcampión da Segunda División (1): 1977-78

Torneos amigables Trofeo Colombino (12): 1965, 1967, 1977, 1979, 1986, 1987, 1998, 2000, 2003, 2004, 2008, 2010 Copa Seamen's Institute (1): 1915 Trofeo Hotel Urbano (1): 1928 Copa Rábida (1): 1928 Trofeo Concepción Arenal (1): 2006 Trofeo Ciudad de Motril (1): 2008

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Recreativo de Huelva