Vahagn Garniki Khachaturyan (en ), nado en Sisian o 22 de abril de 1959, é un economista e político armenio que exerce como quinto e actual presidente de Armenia desde 2022. Anteriormente foi alcalde de Iereván de 1992 a 1996 e ministro da Industria de Alta Tecnoloxía de 2021 a 2022 baixo o goberno do primeiro ministro Nikol Pashinyan.

Foi membro do Congreso Nacional Armenio (CNA) ata a súa dimisión en 2022, aínda que non participaba en actividades do partido desde 2017. Liderou a lista do CNA nas eleccións ao Concello de Iereván de 2013.

Traxectoria Nacido en Sisian en 1959, graduouse no Instituto de Economía Nacional de Iereván en 1980, coa cualificación de economista. De 1980 a 1982, serviu no Exército Vermello e despois de cumprir o seu servizo militar, levou a cabo durante a seguinte década actividades pedagóxicas no Instituto de Iereván, traballando durante os primeiros oito anos na Empresa HrazdanMash como economista e despois na Fábrica de Mars como subdirector xeral ata 1992.

De 1990 a 1996 foi concelleiro de Iereván e, de 1992 a 1996, ocupou a alcaldía da cidade. Foi deputado na Asemblea Nacional de Armenia de 1995 a 1999. De 1996 a 1998 foi asesor do presidente Levon Ter-Petrosyan.

En 2002 converteuse en vicepresidente do Centro de Ciencia Política, Dereito e Investigación Económica. Foi nomeado ministro da Industria de Alta Tecnoloxía no goberno en 2021. miniatura|Salome Zurabishvili e o presidente Khachaturyan en Tbilisi o 30 de maio de 2022. Tras a dimisión do presidente Armen Sarkissian en xaneiro de 2022, o partido gobernante (Partido do Contrato Civil) nomeou a Khachaturyan para a presidencia. Foi elixido presidente polo parlamento armenio na segunda rolda de votacións . Foi investido o 13 de marzo de 2022. miniatura|Khachaturian e o presidente ruso Vladimir Putin o 16 de xuño de 2022 En xuño de 2022, visitou o Foro Económico Internacional de San Petersburgo no seu 25 aniversario.

Vida persoal Está casado con Anahit Minasyan e ten dous fillos. Ademais do seu armenio natal, tamén fala ruso e inglés.

Notas

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Armenia Categoría:Presidentes de Armenia