Juan Manuel González Gándara, nado en Bande o 21 de maio de 1910 e finado o 11 de agosto de 1995 en Ourense, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Masón. Empregado de banca en Ourense, militante da Agrupación Socialista de Ourense, foi presidente da Asociación de Traballadores de Banca de Ourense,La Región, 26-12-1933. e dirixente da Federación Galega de Banca da UGT. Foi nomeado vicesecretario e contador da Sociedad Aures F. C. en 1931.El Pueblo Gallego, 19-7-1931, p. 8. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de agosto e ingresou na Prisión Provincial de Ourense. Saíu en liberdade o 12 de setembro.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 991 Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941 no que foi acusado de masón con sobresemento privado declarado no mes de abril de 1946. No mesmo xuízo foi acusado de "afiliado ao Partido Socialista, sendo gran propagandista da ideoloxía marxista e apoloxista de Largo Caballero, cunha salientable participación nas eleccións xerais de febreiro de 1936".BOE, 7-11-1941, p. 4084. Despois foi director do Banco Hispano Americano na Ponte.El Pueblo Gallego, 27-9-1960, p. 14. Nunca quixo que os seus antecedentes políticos fosen anulados e participou na loita pola democracia na Xunta Democrática de Ourense.

Vida persoal.

Casou en Ourense con Milagros Moure García en 1942. Enviuvou pouco despois. En 1946 casou, tamén en Ourense, con María Luisa García Souto, con quen tivo cinco fillos e coa que viviu ate a súa morte. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas contra Juan Manuel González Gándara; Luis Fernández Bóveda; Leopoldo de la Torre Failde; Luis Fernández; Luis Fariñas Pavón; Manuel Deza Castro; Manuel Demena Álvarez; Manuel Failde Novoa; Manuel Babarro Álvarez. Afiliados á A.S. de Ourense Expediente personal de Juan Manuel González Gándara Sumario 292-45 contra Juan Manuel González Gándara por delito de masonería.

Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Bande Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1995