Cinema for Peace é unha iniciativa creada en 2002 polo produtor Jaka Bizilj en resposta aos atentados terroristas do 11 de setembro de 2001. A partir de 2008 a actividade principal filantrópica transformouse na organización sen fins de lucro Cinema for Peace Foundation, que ten a súa sede en Berlín, dedicada a apoiar proxectos cinematográficos de temática humanitaria, social e medioambiental e a coordinar galas e recoñecementos relacionados co cinema e a paz.
Historia A iniciativa organizou eventos como a gala anual Cinema for Peace Gala Berlin e proxeccións cinematográficas con recadación de fondos para apoiar proxectos humanitarios e sociais. Parte das doazóns recadadas destínanse desde 2008 á fundación homónima para financiar proxectos e actividades relacionadas co cinema e as cuestións globais abordadas polas súas iniciativas. eventos puntuais.
Inicialmente, as doazóns destináronse a proxectos de UNICEF, pero posteriormente distribuíronse entre varias organizacións. Ao longo dos anos, a Fundación colaborou con Amnistía Internacional, Greenpeace, Human Rights Watch, a Corte Penal Internacional e diversos programas das Nacións Unidas.
A fundación promove proxeccións e ciclos de filmes con temáticas políticas e sociais e apoia iniciativas de terceiros, especialmente no eido cinematográfico. Un dos seus proxectos é a Genocide Film Library, un arquivo audiovisual construído na década de 2010 para reunir materiais sobre xenocidios como o conflito de Bosnia e Hercegovina.
En 2018 e 2020, Cinema for Peace apoiou o traslado e o tratamento médico do activista das Pussy Riot, Pyotr Verzilov e do disidente ruso Alexei Navalny de Omsk a Alemaña ao hospital Charité de Berlín debido a posibles síntomas de intoxicación. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web oficial da Fundación Cinema for Peace
Categoría:Fundacións Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro Categoría:Festivais de cinema de Alemaña Categoría:Festivais de cinema dos Estados Unidos de América