Decorado é un filme galego-portugués de comedia dramática negra de 2025 dirixido por Alberto Vázquez a partir dun guión que escribiu con F. Xavier Manuel Ruiz. Baséase na curtametraxe de animación homónima do propio director.
Estreouse dobrado ao galego o 24 de outubro de 2025 nos Multicines Norte de Vigo.
Sinopse O rato Arnold, un residente da cidade de Anywhere, está nunha espiral descendente, o que o leva a preguntarse se todo o que o rodea é falso, coma se fose unha paisaxe.
Notas
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de Portugal Categoría:Filmes dirixidos por Alberto Vázquez Categoría:Filmes sobre depresión Categoría:Filmes de 2025 con versión en galego