Denez Riou (en ) é un militante independentista bretón, membro do Exército Revolucionario Bretón. Cumpriu varias condenas de prisión dende a década de 1970.

Traxectoria Foi membro de Emgann, unha organización política independentista bretoa considerada a á política do Exército Revolucionario Bretón (ARB), un grupo militante ligado á loita pola independencia da Bretaña.

Foi arrestado en Lanester o 30 de setembro de 1999, logo procesado e condenado a sete anos de prisión no caso Plévin. En 2000, foi un dos cinco activistas de Emgann detidos en prisión preventiva na prisión de Bois-d'Arcy en relación co caso do roubo do arsenal de explosivos de Plévin. Despois de ser condenado, foi encarcerado en Ploemeur, Morbihan, e logo posto en liberdade o 5 de xaneiro de 2009 con arresto domiciliario.Ouest-France, 6 de xaneiro de 2009 O 4 de xullo de 2009, retiráronlle a pulseira electrónica. «Denis Riou está (...) en liberdade condicional durante 19 meses, 12 meses máis que a data prevista inicialmente para a súa liberación definitiva: finais de xaneiro de 2011 no canto de xaneiro de 2010».dimanche Ouest-France, 5 de xullo de 2009, p. 12

Notas

Véxase tamén Outros artigos Denez Emgann Bibliografía

Categoría:Membros da Fronte de Liberación da Bretaña