Merrill W. Chase, nado en Providence, Rhode Island, o 17 de setembro de 1905 e finado o 5 de xaneiro de 2004, foi un inmunólogo estadounidense que traballou na Universidade Rockefeller de Nova York, que descubriu a inmunidade mediada por células a inicios da década de 1940. Mentres traballaba con Karl Landsteiner, Chase descubriu que a intervención das células sanguíneas, e non só a dos anticorpos, eran instrumentos importantes para o funcionamento do sistema inmunitario. Os seus descubrimentos achairon o camiño de posteriores investigacións que descubriron o papel das células B, células T e outros tipos de leucocitos."Merrill W. Chase, Scientist Who Advanced Immunology, Dies at 98", by Anahad O'Connor, 22 de xaneiro de 2004 New York Times, p. C15. Consultado o 24 de xuño de 2007 Nunha época en que os investigadores estaban facendo múltiples descubrimentos sobre as funcións do sistema inmunitario, el estableceu un laboratorio de inmunoloxía independente na Universidade Rockefeller.Merrill W. Chase 1905–2004
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Inmunólogos dos Estados Unidos de América