Adrià Altimira Reynaldos, tamén coñecido como Alti, nado en Cardedeu o 28 de marzo de 2001, é un futbolista español que xoga como lateral dereito ou extremo dereito no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria Nado en Cardedeu, comezou a xogar ao fútbol no Granollers, ata que ingresou na canteira do FC Barcelona con 7 anos. En agosto de 2020, rematada a súa etapa xuvenil, fichou polo Lokomotiva de Zagreb, pero rescindiu o seu contrato pouco despois e en outubro fichou polo Melilla da Segunda División B.

Debutou na categoría de bronce o 1 de novembro de 2020, xogando os últimos 30 minutos nunha vitoria por 1-0 sobre o Villanovense.

O 1 de xullo de 2021 pasou ao Andorra, na nova Primeira División RFEF. Disputou un total de 29 partidos durante a campaña, conseguindo o club o seu primeiro ascenso á Segunda División. Debutou en Segunda o 15 de agosto de 2022, saíndo como titular nunha vitoria por 1-0 contra o Real Oviedo. Marcou o seu primeiro gol na categoría cinco días despois, nunha derrota por 4-1 ante o Sporting de Gijón.

O 14 de xuño de 2023, tras rexeitar a oferta de renovación do Andorra, fichou polo Villarreal B, tamén de Segunda. O 22 de outubro debutou co primeiro equipo do Villarreal na Primeira División, substituíndo a Aïssa Mandi nun encontro ante o Deportivo Alavés no estadio da Cerámica. Pechou a tempada cun total de 27 partidos co filial e 11 co primeiro equipo, co que chegou a disputar catro encontros de Europa League.

Para a tempada 2024/25 foi cedido ao Leganés, que viña de ascender a Primeira. Disputou un total de 26 encontros co equipo de Borja Jiménez, 22 deles como titular, pero non puido evitar o descenso. A continuación regresou ao Villarreal, onde Marcelino só lle deu oito minutos en liga durante a primeira metade da tempada 2025/26.

O 29 de decembro de 2025, rescindiu o seu contrato co Villarreal e ao día seguinte incorporouse ao Deportivo da Coruña, da Segunda División. No club galego destacou dende a súa chegada, xogando en diferentes posicións da banda dereita, e foi unha peza importante para que o equipo de Antonio Hidalgo lograse o ascenso á Primeira División. Ao remate da tempada o club renovou o seu contrato ata 2029.

Vida persoal O seu tío Aureli e o seu curmán Sergi tamén foron futbolistas, sendo ambos xogadores da canteira do Barcelona.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiEuropa LeagueOutrosInclúe partidos de Copa Federación e promoción de ascenso a Segunda División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesMelilla2020/21Segunda B241 - - - -20241Andorra2021/221ª RFEF 26 0 20 - -10 2902022/23Segunda 36 1 10 - - - - 371Total club621300010661Villarreal B2023/24Segunda270 - - - - - -270Villarreal2023/24Primeira1103040 - -180Leganés2024/25Primeira22041 - - - -261Villarreal2025/26Primeira1030 - - - -40Total club120604000220Deportivo da Coruña2025/26Segunda22110 - - - -231Total carreira 179 3 141403 0 1884

Notas

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Cardedeu Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da UD Melilla Categoría:Xogadores do FC Andorra Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña