O Sindicato Español Universitario (SEU) foi un sindicato estudantil corporativista creado en España durante a Segunda República pola Falange Española baixo o impulso do seu líder José Antonio Primo de Rivera. Historia e características
Inspirado nos sindicatos vinculados aos partidos fascistas de Italia e Romanía, foi creado co obxectivo de esmagar a entón maioritaria Federación Universitaria Escolar (FUE) e introducir propaganda falanxista nos círculos universitarios. Constituiuse o 21 de novembro de 1933. Entre os membros fundadores destacaron Gumersindo García Fernández, David Jato Miranda, Heliodoro Fernández Canepa, José Miguel Guitarte, Manuel Valdés Larrañaga, Agustín Aznar e Matías Montero. Valdés Larrañaga foi o primeiro líder do SEU durante os primeiros anos. Segundo Eduardo González Calleja, a fundación do SEU foi unha iniciativa de Julio Ruiz de Alda —«quizás el más firme partidario de la violencia entre los jefes falangistas de primera hora»—, Matías Montero, Alejandro Salazar Salvador e Manuel Valdés Larrañaga.
O seu principal órgano de expresión foi a revista Haz, que se converteu nunha das principais publicacións falanxistas.
250px|miniatura|Carné de afiliado ao SEU.
Ao final da Guerra Civil, en 1939, o réxime franquista proclamouna a única organización estudantil autorizada. O seu xefe nacional era nomeado polo goberno e era procurador en Cortes. Aínda que todos os estudantes estaban formalmente obrigados a seren membros, nunca conseguiu establecer unha presenza significativa nas universidades do país. O SEU entrou nunha forte crise logo dos sucesos de 1956 e apareceron escisións como o FES.
A mediados da década de 1960, os estudantes democráticos comezaron a organizarse de forma autónoma en organizacións clandestinas, particularmente en Cataluña e na Comunidade Valenciana. En 1965 foi practicamente desmantelado polo réxime tras a súa infiltración por parte dun grupo clandestino antifranquista, a Federación Democrática Universitaria Española, que conseguiu obter representación na maioría dos consellos universitarios. Foi substituído por outro sindicato oficial e obrigatorio: Asociaciones Profesionales de Estudiantes.
Despois desapareceu da vida universitaria e reorganizouse en 1977 dentro do partido Falange Española de las JONS. Escisións posteriores deron lugar a diversas reagrupacións que aínda se afirman parte do sindicato histórico.
O SEU en Galicia Entre os líderes galegos do SEU destacaron Juan Manuel Pardo Gayoso, Enrique Devesa Turia e José Luis Taboada García, que foi xefe do distrito universitario de Santiago de Compostela de 1939 a 1945.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
, Miguel Ángel (1996). El SEU 1939-1965. La socialización política de la juventud universitaria en el franquismo. Edit. Siglo XXI: Madrid. ISBN 84-323-0924-9.
Categoría:Falanxismo Categoría:Asociacións de estudantes