Ramón Blanco-Rajoy Poyán, nado en Verín o 16 de decembro de 1855 e finado na Coruña o 1 de xaneiro de 1920, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Estudou leis. Avogado, abriu bufete na Coruña. En 1891 foi elixido decano do Colexio de Avogados da Coruña. Foi elixido deputado por Verín nas eleccións de 1881 baixo o patrocinio de Domingo Antonio Merelles. Foi elixido senador pola provincia da Coruña nas eleccións de 1907 e pola provincia de Lugo en 1914 en elección parcial para substituír a Federico Carlos Bas. Finou na Coruña o 1 de xaneiro de 1920.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-1-1920, p. 4.
Vida persoal
Casou con Matilde Espada Guntín, irmá de Luis Espada Guntín, e foi pai de María, Mercedes, Matilde, Ramón e Benito Blanco-Rajoy. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia
Categoría:Nados en Verín
Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1920