John Lachs, nado en Budapest o 17 de xullo de 1934 e finado en Nashville o 14 de novembro de 2023, foi un filósofo húngaro cuxos intereses de investigación se centraron en filosofía estadounidense (sobre todo George Santayana), idealismo alemán, e na natureza humana, o que o levou a centrar os seus estudos en áreas como a metafísica, a filosofía da mente, a filosofía política e a ética. Lachs foi profesor de filosofía na Universidade Vanderbilt e obtivo un doutoramento en filosofía pola Universidade Yale.
Área de investigación Os seus intereses filosóficos centrábanse na natureza humana. Isto levouno á metafísica, á filosofía da mente, á filosofía política e á ética médica e empresarial.
Lachs foi o editor xeral da Encyclopedia of American Philosophy. Un número de The Journal of Speculative Philosophy estivo dedicado ao seu ensaio Both Better Off and Better: Moral Progress Amid Continuing Carnage, con respostas de media ducia de filósofos.
Lachs tamén exerceu como presidente do Comité do Centenario da Asociación Filosófica Americana, encargado de celebrar o valor privado e a utilidade social da filosofía. Planificáronse actividades por todo o país, que ían desde programas de radio ata sinaturas de libros e charlas en cafés, deseñadas para demostrar a relevancia da filosofía para a vida.
Morte Lachs faleceu o 14 de novembro de 2023, aos 89 anos, en Nashville, Estados Unidos.
Obras Gañador do Premio Herbert Schneider polas súas contribucións á filosofía estadounidense en 1997, Lachs é tamén autor, entre outros, dos seguintes libros:
Intermediate Man. Hackett Publishers, Indianapolis, 1981. Mind and Philosophers. Vanderbilt University Press, 1987. The Relevance of Philosophy to Life, Vanderbilt University Press, 1995. In Love with Life, Vanderbilt University Press, 1998. Thinking in the Ruins: Wittgenstein and Santayana. Vanderbilt University Press, 2000. A Community of Individuals. Routledge, 2003. The Philosophy of William Ernest Hocking (ed. con Micah Hester), Vanderbilt University Press, 2001. "Human Natures," Proceedings of the American Philosophical Association, 1990. Stoic Pragmatism, Indiana University Press, 2012. Meddling: On the Virtue of Leaving Others Alone, Indiana University Press, 2014.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Krzysztof Piotr Skowroński, 2023. A Meaningful Life amidst a Pluralism of Cultures and Values: John Lachs's Stoic Pragmatism as a Philosophical and Cultural Project, Leiden-Boston: Brill. Krzysztof Piotr Skowroński, 2023. La filosofía del pragmatismo estoico y sus ambiciones culturales, La Torre del Virrey: Revista de estudios culturales, num. 33. Krzysztof Piotr Skowroński, 2022. Cultural Diversity and Clashing Narratives about National Culture: A Central European Stoic Pragmatist Perspective, Ethics&Bioethics (in Central Europe), vol. 12 (número 3-4, decembro), pp. 212-220. Krzysztof Piotr Skowroński, 2021. Stoic Pragmatist Ethics in the Time of Pandemic, Ethics&Bioethics (in Central Europe), vol. 11 (número 1-2, xuño), pp. 82-91. Krzysztof Piotr Skowroński, 2020. "Santayana as a Stoic Pragmatist in John Lachs's Interpretation ", Overheard in Seville: Bulletin of the George Santayana Society, no. 38, pp. 109-122. Krzysztof Piotr Skowroński, ed., 2018. John Lachs's Practical Philosophy, Brill.
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Budapest Categoría:Filósofos de Hungría Categoría:Alumnos da Universidade Yale