Aquilino Meizoso Carballo, nado nas Pontes de García Rodríguez, é un arquitecto e político galego.
Traxectoria Arquitecto das Pontes de García Rodríguez. Foi o fundador e primeiro presidente da asociación Amigos de As Pontes creada en 1983. En 1986 a asociación converteuse en partido político e Aquilino encabezou a súa candidatura nas eleccións municipais de 1987 e foi elixido alcalde. Nas eleccións municipais do 1991 volveu encabezar a candidatura de AdAP e foi novamente elixido alcalde das Pontes de García Rodríguez. Nas eleccións municipais de 1995 encabezar a candidatura do PPdeG pero perdeu a alcaldía en favor de Víctor Guerreiro Pena. En setembro de 1995 o concello das Ponte puxo sendas querelas contra el por pago indebido e falsidade documental,La Voz de Galicia, 27-2-1997, p. 24. pero foi absolto pola Audiencia en outubro de 1997.La Voz de Galicia, 14-10-1997, p. 56. En 1997 creou o partido Asamblea Nacionalista de Galiza, polo que foi ameazado de expulsión do PPdeG."El ex alcalde de As Pontes podría ser expulsado del PP por crear un nuevo partido", La Voz de Galicia, Ferrol, 15-9-1995, p. L1. Amigos de As Pontes apoiou a moción de censura fraguada polo PPdeG co apoio do concelleiro socialista Vicente López Pena, que aceptou o trato a cambio de ser alcalde. Nas municipais do 1999 volveu encabezar a candidatura de AdAP que obtivo tres edís. Nas municipais do 2003 encabezou novamente a candidatura de AdAP e voleveu obter tres edís. En 2003 foi acusado de prevaricación xunto con dous edís do seu grupo.Aquilino Meizoso y dos ex ediles de As Pontes, acusados de prevaricación Non se presentou ás municipais do 2007.El candidato imposible É militante de Vox.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais nas Pontes de García Rodríguez Ligazóns externas web de Amigos de As Pontes
Categoría:Alcaldes das Pontes de García Rodríguez Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en ano descoñecido