Alberto Camino Sigüert, nado en Ferrol o 1 de novembro de 1821Segundo Manuel Murguía. Porén, segundo Ricardo Carvalho Calero, José Novo García afirmaba que lle tiña ouvido ao irmán de Alberto Camino, Domingo Camino, que a cidade natal deste poeta era Santiago de Compostela e finado en Madrid o 2 de marzo de 1861, foi un avogado e escritor galego.
Traxectoria miniatura|Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. Biblioteca de Galicia. Cursou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Vinculado ás actividades da Academia Literaria de Santiago, colaborou con artigos e poemas en El Idólatra de Galicia, El Porvenir, La Aurora de Galicia, El Águila, El Ferrolano, El Faro Marítimo, El Iris de Galicia, El Miño, La Voz de Galicia, Faro de Vigo; nos da emigración Follas Novas, La Tierra Gallega, Nova Galicia, Aires d’a Miña Terra, Correo de Galicia; e tamén en medios non galegas (La Antorcha e La Esperanza). Non deixou publicado ningún libro en galego, e pénsase que a súa obra inédita (ou parte dela) foi mandada queimar polo propio Camino nun acto de tolemia poucos días da súa morte.
Destacou como compositor de panxoliñas de Nadal e Reis, mais tamén como poeta elexíaco. De feito, dúas das súas máis coñecidas e composicións son elexías, os poemas Nai chorosa e O desconsolo. Escribiu tamén os vilancetes, incluídos no volume Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los Inocentes en el Hospicio de Santiago (1849), titulados “Falade ben baixo” e “Alegría, festa e rúa”, datados entre 1848 e 1849. En castelán escribiu o poema “La conquista de México”, a comedia en verso A la vejez aladares de pez e o drama Lisardo el estudiante. No Álbum de la Caridad recóllense poemas seus como os titulados “Repique” ou “Blas, baila a muiñeira”. En 1896, Andrés Martínez Salazar recolleu as súas composicións poéticas co título Poesías gallegas. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Antonio Camino Sigüer Domingo Camino Sigüer
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1821 Categoría:Finados en 1861 Categoría:Precursores do Rexurdimento Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Poetas en lingua galega