O niueano (en )Laurie Bauer, 2007, The Linguistics Student’s Handbook, Edimburgo. é unha lingua polinesia pertencente ao subgrupo malaio-polinesio das linguas austronesias. Está estreitamente relacionada co tongano e lixeiramente máis distante doutras linguas polinesias como o maorí, o samoano e o hawaiano. Xuntos, o tongano e o niueano forman o subgrupo tónxico das linguas polinesias. O niueano tamén ten varias influencias do samoano e das linguas polinesias orientais.

Falantes En 1991, o niueano era falado por 1 600 persoas na illa de Niue (o 97,4 % dos habitantes), así como por falantes das Illas Cook, Nova Zelandia e Tonga, o que supón un total duns 8 000 falantes. Polo tanto, hai máis falantes de niueano fóra da propia illa que no propio país. A maioría dos habitantes de Niue son bilingües en inglés.

A principios da década de 1990, o 70% dos falantes de niueano vivían en Nova Zelandia.Moseley, Christopher and R. E. Asher, ed. Atlas Of The World's Languages (New York: Routelage, 1994) p. 100

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Informe do Ethnologue.com sobre o idioma niueano

Categoría:Linguas polinesias Categoría:Linguas de Niue Categoría:Linguas de Nova Zelandia